Páxinas

luns, 30 de marzo de 2015

Coser cousas raras IV: carriño novo

Desta vez penseino un bo rato porque o carriño debe estar seguramente nas últimas. Os ferros están dobrados e a tea que traía de asento estaba rota e manchada, e por algunha estrana razón viña amarrada de maneira que non podía quitarse do carro. Ó final decidín que por moi maltreito que estivera, se aínda estaba en uso logo de polo menos sete anos, ben pagaba a pena investir media hora en facerlle unha roupa limpa que o faga aguantar en uso o que lle quede de vida, así que a nova, feita cun retallo calquera e con restos de bies doutros proxectos en varias cores, é totalmente extraíble, por se aínda nos dá tempo a que se manche antes de que o carriño se descompoña.

carriño
carriño
carriño

Non atopei un só sitio da casa con luz e que estivera libre de cousas... estou devecendo por facer unha gran limpeza de primavera e lanzar a metade das cousas fora... serei quen? Tendes algún truco ou norma para desfacervos das cousas? Eu cada vez noto que me estorban máis, que me comen enerxía, pero non son quen de desfacerme delas por se... e teño que amañalo.

8 comentarios:

  1. Su desfágome moi moi mal da merda,sálvame q hemos casa grande e non importa acumular ata o infinito e maís aló :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A min pásame igual, pero a nosa casa grande estáse a quedar pequena así que teño que cambiar de hábitos.

      Eliminar
  2. O malo é que canto máis grande é a casa máis merda colle nela... e o peor é porse a ordear e levar cada pequeno obxecto a un sitio diferente.
    Hai que coller unha gran bolsa, pechar os ollos e... buscar un sitio onde gardar a bolsa chea XDDDDDDD

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa non me quedan sitios nin onde gardar as bolsas baleiras, así que cheas menos aínda. Anda que menudos consellos me dades as dúas XD

      Eliminar
  3. Truco? Se a coisa ja leva muito tempo estancada no armario, fecha os olhos e mete numa bolsa para doar ou jogar fora, seguramente nao lembraras que existiu no mes seguinte! Ja fiz uma boa limpeza faz um ano , mas ja acumulei outra vez...Menos é mais :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esa é a teoría naii, pero logo na prática... coa roupa pásame que moita leva en stand-by anos agardando a que deixe de dar teta porque non é accesible e non me resulta cómoda... e claro, igual leva 9 anos agardando, pero non perdo a esperanza de volver poñela algún día (ha!):
      Co resto das cousas, sempre me parece que as vou necesitar algún día, e sei que o máis probable é que o día que as necesite non as dea atopado e teña que mercar outras igualmente, pero aínda así non son quen... non quererás vir facer limpeza á miña casa, que parece que ti sabes tirar ;P

      Eliminar
  4. Vexo que moitas padecemos do mesmo...:P
    O ano pasado gardei nunha bolsa e este ano tireina!! ánimo que logo nin te acordas jeje

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. eu se a gardo un ano enteiro na casa si que non a tiro, porque logo volvo mirar o que hai dentro e non ten fin XD

      Eliminar

E ti que dis?