Na traseira vai un retallo do revés da colcha da Z. E o acolchado fíxeno a máquina e logo repasando os contornos dos papaventos á man con fíos de perlé gordiños e de cores.
Resultou que entre todos eses triángulos apareceron moitos osiños, incluso os cadrados de cores forman a palabra OXO e hai un personaxe no medio de todo ese balbordo de cousas que podería ser un oso, así que decidín que esta tiña que ser a manta dos osos e escollín de entre as teas que me mandara Anna, as que tiñan osos para facer un bies de retallos.
As fotos non lle fan xustiza, pero levaba días intentando facelas, así que hoxe púxenme cando máis pegaba o sol e o chan reflexa un laranxa que non axuda nada. Prométovos que mellora moito en directo, tan leda e colorida e con moitas teas diferentes entre as que buscar.
E todos estes OXOs buscan dono, así que se alguén quere adoptalos irán xuntos nesta mantiña de aproximadamente 80x100cm facer compaña a algún bebé querido.
Com pouca luz já se vê que bonita é esta colcha!
ResponderEliminarGrazas naii!
EliminarÉ preciosísima! Gústame moito o patrón dos triángulos e como combinaches as Xs e os Os. A combinación de cores e o acolchado. Gústame porque é moi fresca.
ResponderEliminarEste ano estás moi cosedora, non si? Ou é que o tempo cúndeche moito...
Pois fíxate que eu non sinto que cosa moito, paréceme que coso menos, pero igual é porque teño máis ideas de cousas para coser ca tempo... e así a lista nunca se cumpre.
Eliminar