Páxinas

luns, 20 de abril de 2015

Pantalóns finos

O B. ten moitos pantalóns de chándal que nos deron, e o outro día cando viñeron todas as calores, estiven a mirar a roupa que podía ter para o verán, e hai moitos pantalóns curtos, pero ningún longo e que non sexa afelpado, así que facer un con tea de camiseta, que non me atrevía nunca porque me parecía moi fina, pareceume axeitado.

pantalóns de camiseta
pantalóns de camiseta

Usei un patrón de pantalóns de bebé da Ottobre 4/2014 n.5, pero para os vindeiros fareilles o tiro máis curto, porque con cueiro e todo chégalle case ós sobacos, pobre.

mércores, 8 de abril de 2015

OXOs

Aproveitando os retallos de trianguliños que tiña gardados de facer a manta do B. fixen esta mantiña para bebé.

oxos
oxos

Na traseira vai un retallo do revés da colcha da Z. E o acolchado fíxeno a máquina e logo repasando os contornos dos papaventos á man con fíos de perlé gordiños e de cores.

oxos
oxos

Resultou que entre todos eses triángulos apareceron moitos osiños, incluso os cadrados de cores forman a palabra OXO e hai un personaxe no medio de todo ese balbordo de cousas que podería ser un oso, así que decidín que esta tiña que ser a manta dos osos e escollín de entre as teas que me mandara Anna, as que tiñan osos para facer un bies de retallos.

oxos
oxos

As fotos non lle fan xustiza, pero levaba días intentando facelas, así que hoxe púxenme cando máis pegaba o sol e o chan reflexa un laranxa que non axuda nada. Prométovos que mellora moito en directo, tan leda e colorida e con moitas teas diferentes entre as que buscar.

E todos estes OXOs buscan dono, así que se alguén quere adoptalos irán xuntos nesta mantiña de aproximadamente 80x100cm facer compaña a algún bebé querido.

oxos

Se a queredes asubiade, de momento voulle buscar un sitio na tenda ;)