Xusto ese día no blogue de Elsie Marley publicaba o novo reto do creativity club, que era remendos visibles, e eu cumplira o reto xusto antes de que o publicaran! Por unha vez íame dar tempo, ha!
Agora viña a segunda parte. Os pantalóns son de home, e quédanme un chisco grandes... na liña boyfriend que se ve nas tendas. Curiosamente non teria mercado un deses pantalóns nas tendas, pero se mo dan, e ademáis teño que amañalo, parece que me dan máis ganas de poñelo.
Así que agora descosinlle a cinturilla e pensaba descoser tamén a costura lateral para meterlle un pouco, e logo ocorréuseme poñerlle un elástico na cintura no canto de volver coser a que traía, pero logo repenseino, e igual é mellor meterlle unha goma por dentro a esta mesma... a ver se consigo facer algo que acabe sendo medianamente poñible sen ter que desfacer todo o pantalón.

É gracioso que non dea mercado uns vaqueiros porque non teño paciencia para probar e atopar uns que me gusten e que me guste como me sentan, pero logo son capaz de poñer calquera cousa que me dean...
Veremos se consigo amosárvolos en uso, algún consello?
Veremos se consigo amosárvolos en uso, algún consello?
Enténdoche perfectamente! Eu fago cousas parecidas. Agora ando a tinxir unhas zapatillas de deporte que non me gustan demasiado, pero é que non consigo decidir qué me gustaría mercar... Creo que é que me pode a responsabilidade de mercar algo estupendo. Cando poñemos algo que xa está aí, se cumple uns mínimos xa serve, non ten que ser perfecto...
ResponderEliminarjejje hai que ser aproveitadiña ;) eu tamén prefiro poñer calquera cousa a mercala...non me gusta nada mercar!
ResponderEliminarQueda moi ben o zurcido, a min acábame de rachar un na perna pero non sei se serei quen de facelo na máquina...