E fusileina.
Fixen unha copia cun patrón da Ottobre.
Cousas:
- usei por primeira vez para recubrir as costuras o punto que parece celdas dun panal e encántame como queda, non ondulou e queda bastante uniforme.
- teño que praticar coas cremalleiras: aprendín que non é necesario deixar marxe de costura no centro dianteiro porque o que lle comes á dianteira ocúpao a cremalleira e se o deixas (como fixen eu) o pescozo queda abertísimo, por riba quedoume moi exposta e o remate arriba pódese mellorar bastante.
- a crista do dinosauro queda ladeada porque non cortei a tea en curva (porque non me quedaba apenas tea!)
- para os ollos, os dentes, e o forro da carapucha usei camisetas na sección de recliclaxe do armario das teas (si, teño un armario das teas, sigh).
- o cordón da carapucha é dos restos de trapillo que andan por casa.
O patrón é o 16 da ottobre 1/2014, a do lagarto, agora non a teño a man e non sei o nome.
As teas de sudadeira son os restos dos vestidos das nenas, sudadeira da pantigana, e os puños tamén.
Teño que comprobar o talle que fixen, xuraría que o 92, pero as mangas son xustas e a carapucha enorme, pero a el encántalle porque lle tapa o sol (agora a ver se sae moito para sacarlle partido ;) )
Remateina xa antes do entroido, na semana da KCW, pero non me deu tempo a facerlle fotos (e as de hoxe tampouco son moi alá para que a vexades, pero é o que hai) así que tráiovola agora.
E esta foto de regalo para que vexades o limpo que está habitualmente este cristal da nosa casa e vos sintades ben, ale :D
Ai que mono esta o teu peque! Isso de deixar margem no zipper, ejjj, sempre deixo, nao noto que a abertura fique grande, no final dela você pode por un pedazo de tecido dobrado para cobrir o carro do zipper . Sobre os cristais ...melhor nem comento :)
ResponderEliminarAi, como entendo eses arrebatos de compras innecesarias! E por riba, case sempre, ao non ser reflexionadas, ao chegar a casa nos decatamos dos defectos que teñen. Menos mal que existen as devolucións!
ResponderEliminar