Páxinas

luns, 23 de febreiro de 2015

Para "bebe"

Bebe é como o B. chama ós bebés. Agora téñoo difícil para coser cando el está esperto e non están súas irmás, porque descubriu onde está o botón de acender e apagar a máquina, e cando non quere que cosa vai alí e plas! O caso é que me fixeran un encargo dunha mantiña para un bebé e quería tela lista antes do entroido para poder levala persoalmente, así que expliqueillo e, ás veces, sentábase comigo e deixábame coser un par de minutos máis mentres sinalaba e dicía "bebe".

Facer cousas por encargo é difícil! Escollín as teas e pensei en facer con elas un deseño de cruces cos típicos cadrados, ata fixen un debuxiño nun papel coas cores máis ou menos das teas, e cando llo amosei á persoa que mo encargou vin que non lle emocionaba, así que lle dixen que tiña que gustarlle, que se había algo que non lle convencía que mo dixera, e díxome que non lle convencía que vía cruces. :DDD No momento botei a rir, polo menos quedaba claro que había cruces... pero logo púxenme nerviosa porque tiña que facer algo que lle gustase sen saber o que tiña na cabeza e sen que ela soubese o que tiña eu.

Ó final decidimos facer un deseño desordenado, que lle gustaba máis. E isto foi o que saiu.

bebe1
bebe2
bebe5
Con cores alegres e moitas teas diferentes para darlle ese aspecto un pouco caótico.

O acolchado fíxeno con paralelas asimétricas e ademáis de cores! Na canilla deixei o fío branco para que a traseira quedara máis brancquiña.


bebe3
bebe4


bebe7
bebe6


Penseime un rato con que facer o remate, e ó final decidín que o mellor era o branco para que enmarcara esas teas coloridas, e cunha esquiniña en verde para darlle un toque especial.

Por sorte parece que quedaron contentos tanto os clientes como os destinatarios finais... falta por saber se lle gustará ó bebé.

bebe8

4 comentarios:

  1. Está um show! Que bonito! As cruces da sua publicação anterior estavam lindas, guarda a ideia para a seguinte colcha!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eran unhas cruces distintas, pero algún día sairá nalgures, a idea segue na cabeciña.

      Eliminar
  2. Ai ai ai!! pero que bonita! coido que me a min tamén me vai máis este estilo..ese detalle do bies na esquina é un punto!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A min tamén, normalmente o que máis me gusta son os deseños que se ven totalmente desordenados e abigarrados, pero hai cousas que me gustaría facer algunha vez aínda que non sexa para min :)

      Eliminar

E ti que dis?