Facer cousas por encargo é difícil! Escollín as teas e pensei en facer con elas un deseño de cruces cos típicos cadrados, ata fixen un debuxiño nun papel coas cores máis ou menos das teas, e cando llo amosei á persoa que mo encargou vin que non lle emocionaba, así que lle dixen que tiña que gustarlle, que se había algo que non lle convencía que mo dixera, e díxome que non lle convencía que vía cruces. :DDD No momento botei a rir, polo menos quedaba claro que había cruces... pero logo púxenme nerviosa porque tiña que facer algo que lle gustase sen saber o que tiña na cabeza e sen que ela soubese o que tiña eu.
Ó final decidimos facer un deseño desordenado, que lle gustaba máis. E isto foi o que saiu.
Con cores alegres e moitas teas diferentes para darlle ese aspecto un pouco caótico.
O acolchado fíxeno con paralelas asimétricas e ademáis de cores! Na canilla deixei o fío branco para que a traseira quedara máis brancquiña.
Penseime un rato con que facer o remate, e ó final decidín que o mellor era o branco para que enmarcara esas teas coloridas, e cunha esquiniña en verde para darlle un toque especial.
Por sorte parece que quedaron contentos tanto os clientes como os destinatarios finais... falta por saber se lle gustará ó bebé.
Está um show! Que bonito! As cruces da sua publicação anterior estavam lindas, guarda a ideia para a seguinte colcha!
ResponderEliminarEran unhas cruces distintas, pero algún día sairá nalgures, a idea segue na cabeciña.
EliminarAi ai ai!! pero que bonita! coido que me a min tamén me vai máis este estilo..ese detalle do bies na esquina é un punto!
ResponderEliminarA min tamén, normalmente o que máis me gusta son os deseños que se ven totalmente desordenados e abigarrados, pero hai cousas que me gustaría facer algunha vez aínda que non sexa para min :)
Eliminar