Levamos anos facendo xabón co aceite usado que gastamos e só engadindo sosa, e un par de anos máis polo menos que tiñamos intención de facer xabón líquido apra a lavadora porque o certo é que as pastillas só as usamos para fregar algunha mancha antes de meter na lavadora, para lavar a man algunha prenda, ou para fregar os cacharros e a cociña. Houbo unha temporada que intentamos relalo, pero era inviable, así que para a lavadora simplemente non o usabamos. Durante un tempo mercamos en grupo a Jabones Beltrán, e gustábannos, pero logo cansámonos ou non sei ben que pasou e deixamos de facelo. eu tiña fichada unha receita para facer xabón líquido directamente do aceite, pero de 5 litros de aceite saían uns 17 de xabón se non lembro mal, e ademáis necesitaba dunha elaboración de varios días, remexendo varias veces... non nos dabamos posto, e eu non quería pensar en onde iamos gardar os 20 litros de xabón se xa nos custaba gardar os 5 de aceite.
Pero entón un bo día a amiga Bolboreta Calceta puxo no seu instagram que estaba a facer xabón líquido simplemtente desfacendo unha pastila de xabón lagarto en auga, e eu pensei: iso poderá funcionar tamén co noso xabón caseiro, así que levamos uns meses de proba e vainos moi ben.
A fórmula é un pouco improvisada: unha das nosas pastillas de xabón (que vén sendo coma media de xabón lagarto), cortada en anacos para que se desfaga antes e dous litros e medio de auga. Quentar ata que se desfaga e deixar que ferva.
O aspecto inicial é como o Jabón de coco de Jabones Beltrán. Póñovos unha foto-cutre para que vos fagades unha idea:
Pero xa vai un par de veces, non sei se porque tardamos demasiado en usalo, ou polo frío, que se nos queda convertido nunha masa branca mucosa. Nós axitamos a botella onde está gardado enérxicamente e usámolo exactamente igual, e non apreciamos diferencia ningunha no lavado, pero avisados estades. Enchemos o cacharro este tal que así aproximadamente e metémolo no tambor por se acaso.
Ás veces entránme ganas de facer xabrón, pero non para a casa senón para o corpo. Cos productos de limpeza non son demasiado ecolóxica que digamos, sobre todo cos da lavadora, porque, a pesar de non manchar demasiado a roupa en xeral (aquí non hai nenos) sempre estou loitando coas manchas e penso que eses xabróns non son o suficientemente agresivos con elas. A dichosa roupa branca da que xa falamos outra vez!
ResponderEliminarEnténdoo perfectamente, eu tiven un efecto rebote, porque realmente o que vin é que ningún dos agresivos quita as manchas tampouco, o único que ás veces as quita é o xabón da casa e solete na herba, "o clareo" e o "frotar" de toda a vida, e que seguen a usar como atracción para vendelos... a min non me compensa a agresividade ambiental.
EliminarPero fastídianme igualmente as manchas e os brancos grises! :D
Tomo nota! levo unha morea de tempo acumulando aceite e coa sosa mercada pero non me dou posto... e hai que facelo!
ResponderEliminarAnímate, é unha horiña de traballo e cunde moito!
Eliminar