Páxinas

xoves, 19 de febreiro de 2015

+ (máis)

Un día atopeime con esta foto por internet

quiltcrucesnegras
Encantoume. E quixen facer ese quilt. Gardeina xunto con estoutra que estaba na mesma entrada e que tamén me gustou moito.

quilttriangulos
Obviamente as fotos non son miñas, son de Astrid, do blogue Red Red Completely Red e saqueinas desta entrada no seu día, pero hoxe non se vían, así que pedinlle permiso para usalas directamente no meu blogue.

Eu daquelas aínda andaba a voltas coa colcha da L, así que non podía poñerme con outra cousa nova, a ver se a remataba concentrando todas as miñas forzas nela, pero hai pouco volveu poñer unha foto moi semellante no instagram e eu xa tiña a colcha rematada, así que alá fun!

Fixen unha cruz se non ese día, ó día seguinte,...

+

... e logo xa non puiden parar de facer estas cruces.

+++++

Non traballar con retallos, como viña sendo o máis habitual en min, ten cousas boas e cousas menos boas. As boas: as teas córtanse moito máis rápido e tamén se cosen máis rápido ó telas xa preparadiñas, ademáis podes escoller as teas máis fácilmente, pero o malo é que se perde un pouco a base da reutilización das teas e que se producen máis retallos aínda... gústame pola rapidez, porque cunde moito máis o pouco tempo que me dá para coser.

Tívena un pouco parada últimamente porque estiven facendo encargos (e aínda non os rematei!) pero xa teño ganas de volverlle poñer as mans enriba. 

Vai quedar tan bonita... :)

5 comentarios:

  1. Estou prevendo que esta colcha de cruzes vai ficar linda como a outra!

    ResponderEliminar
  2. Ya la estoy viendo en las melés nocturnas y diurnas ;-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues esa es la idea, sí, será la manta de verano para el sofá. Moucho empieza a mirarme raro porque empezamos a sobrepasar el límite de mantas razonable en una casa... pero es que no puedo parar :D

      Eliminar
  3. Xa sabes que eu ando tamén coa teima das cruces. E tamén porque debín ver varias imaxes por aí, pero xusto coas cores ao revés: fondo negro e cruces blancas. E tamén estou empezando unha para o sofá. Cantas casualidades!

    Co que sigo por agora é cos retallos, intentando rematar cousas que teño por aí. Por unha banda teño ganas de cortar telas novas, polo que dis ti. Por outra, gústame tamén reutilizar. Pero así as cousas van tan lentas...

    ResponderEliminar

E ti que dis?