Páxinas

luns, 24 de novembro de 2014

Pequeno avance

Só quedaban cinco cadrados da colcha a semana pasada e agora aínda quedan catro. Como non dei sacado máis tempo para coser o que fixen foi adiantar na seguinte fase e recortar os cadrados. Dá un gusto velos todos curiosiños e do mesmo tamaño!

O mellor disto é cando podes poñerte a xogar con eles e facer distintos deseños. Estes cadrados son log cabin quarters e están feitos de maneira que o que sería o centro do log cabin, e que está nunha esquina, sempre é rosa, esta idea xurdiu dos quilts tradicionais nos que o centro do log cabin era vermello para simbolizar o corazón da casa e a familia, e logo adapteino ó gusto da destinataria. Ese primeiro cadrado rosa pode ser claro ou escuro e logo levan dúas franxas de cores escuras e claras alternando segundo a intensidade do primeiro cadrado.

Esa foi a idea coa que comecei a facer o quilt, para xogar coa intensidade da cor ou co "volume" en inglés. Fixera incluso uns debuxiños nunha libreta xogando cos cadros para ver como quedaban e decidírame por un deles, pero claro, logo na realidade as cousas vense diferentes. Xa probara hai tempo con menos cadrados e cambiara o meu deseño orixinal por un en zig zag que me sorprendeu aparecendo.

Tiña outras fotos pero a cámara quedoume na casa de miña nai, así que déixovos as fotos que fixen co móbil.








Non quería que saíran eses recadros todos, pero imaxino que non é posible evitalo copiando o código de instagram...
Agora con imaxes pódovos explicar mellor. A miña idea inicial era a número 5, e a sorpresa do zigzag é a número 7, que tamén parece ser a que máis gustou no instagram. E a número 1, que a min non me chama nada, tamén gustou bastante, é curioso isto dos gustos, non? O único que me bota para atrás da número 7 é que os centros rosas desaparecen e quedan diluidos. 

E igual aínda sigo xogando un pouco máis cos cadrados, que quedan moitas combinacións posibles por facer.

Ah, a colcha será de 6x6 cadrados, así que non están todos aí, só unha mostra. Que vos parecen?


7 comentarios:

  1. Pois eu son das do número 1, sí. E a 5, cunha columna que supoño que lle falta á dereita, tamén. A 7 tamén está moi ben.
    Difícil decisión, en calquer caso...

    +bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Montse fáltanlle unha á dereita e dúas abaixo. A ver en que queda...

      Eliminar
  2. Antes de tudo, incrível !!!! Nao sei se algum dia eu coserei uma manta assim, quanto trabalho! Falando das composições. Uma coisa é ver cada foto individualmente e outra ver a sequencia, até parece que nossa vista produz un efeito de 3D ao olhar para elas muito tempo, tanto que alguns eu ja tento desorganizar. O numero 1 e o 5 foram os que eu gostei individualmente , o 7 me sorprendeu por ver a sequencia de fotos , mas olhando só para ele , nao me deu sensação de volume. O numero 5 parece mas harmonico que o 6 talvez pelo jogo de cores o repetição de alguns quadrados. Talvez a escolha já saia naturalmente quando estejam os quadrados que faltem ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Concordo contigo en que o 5 é máis harmónico, máis equilibrado, o que ten o 6 de especial é que podes ver dous patróns: ou ben os cadrados onde os centros son rosas e se intercalan as intensidades, ou ben as cruces que forman coa mesma intensidade entre eses cadrados.
      Como esta imposible que a cosas, non a podería repetir nin eu, é o bonito que teñen: que son realmente únicas e irrepetibles ;) Pero querer é poder, se o colles con ganas, unha pequeniña para o sofá fala nun tris co que ti coses.

      Eliminar
  3. Sempre esqueço de dizer, teu blog é tão agradável de ler e ver!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. :) Pois alégrame que che guste. Moitas grazas por mo dicir!

      Eliminar
  4. que interesante...pois eu quédome co zig zag, paréceme o máis orixinal sen dúbida . Noraboa polo currazo, están xeniaaal!!

    ResponderEliminar

E ti que dis?