Eu non son de usar produtos, porque non me parece ético contaminar seguido só para que a roupa se vexa radiante, como moito frego con xabón e poño a clarear... pero pode pasarme como ese pantalón da Z que saquei o venres á herba e do que acabo de lembrarme agora mesmo (auch >.<), de feito iso é o máis habitual.
Así que o outro día decidinme a usar un tinte que mercara hai tempo para rexuvenecer a sudadeira negra do Moucho e con ela metín un chaleque e un par de toallas brancas-gris-amarelas, unha delas a famosa da mancha laranxa.
As toallas con ese gris azulado gañaron dezmil puntos!
A sudadeira saiu negriña negriña que dá gusto vela,... pero o Moucho aínda non a probou. Témome o peor.
Si, seino, os tintes non son moi ecolóxicos que digamos, pero só se usan unha vez e permiten alongar a vida útil da roupa, así que eu creo que compensa.
Agora teño en mente algunhas camisolas das nenas e outras toallas pero quería probar a cambiar de cor, cun verde ou así, pero teño que mirar noutro sitio porque onde merquei este só había negro, azul marino e marrón.
Vós usades tintes para a roupa? Algunha recomendación?
Eu digo que não só ódio o branco como ódio as roupas que perdem a cor! Ou seja, evito o branco e a tintura. Reconheço que tenho vontade de mudar de cor muitas roupas mas só de pensar que na lavadora elas podem segui mutando de cor...na não...nada de teñir
ResponderEliminarA min iso non me pasa, ves? prefiro ver a roupa envellecer perdendo cor que vela chea de manchas. Non sei por que non o fixera antes!
EliminarPois eu sí que teño feito moitas veces o mesmo ca ti. Ás veces para cambiar de cor algo que non me gusta moito. E ás veces tamén para tapar algunha mancha. O das manchas tivo resultados irregulares. Ás veces non se cubren ben ou mesmo aparecen outras, por que a tea non absorve o tinte por igual.
ResponderEliminarO das toallas brancas está sendo unha teima para min últimamente. Tampouco me gusta estar usando sempre lixivia ou outros productos. Ademáis, hai un momento que xa non as blanquea, porque levan demasiados lavados. Este verán púxenas ao sol enriba do cubre tendáis e co vento acabaron repartidas por diversos pisos do patio. ¡Coruña non serve para iso!
Total, que me parece boa idea o de tinxilas. Agora mesmo tengo na casa un tinte azul marino de Iberia, ainda que creo que me gustan máis os da marca Dylon,os da latiña de metal de toda a vida. Quizáis sexa só unha manía miña...
+bicos