As pantasmas son uns merengues que atopei facendo unha busca en google e que resultaron ser sinxelos, rápidos e por riba tiña todos os (poucos) ingredientes na casa. Bueno, o cremor tártaro non. Non sabía nin o que era nin para que valía, pero (outra vez google), soproume que podía sustituirse por outro ácido, e eu tiña eses sobriños de gasificante para facer biscoitos que vén separado en dous sobres. Pois iso usei, e xa vos aclaro que é para que ó merengue non lle pase o que lle pasaba sempre a miña nai cando decoraba as tartas con el e se "desmontaba".
E de paso estreei a miña pistola para galletas do Lidl, mercada pensando en facer galletas máis a miúdo sen ter que amasar, estirar, cortar, colocar na bandexa,... para iso aínda non a usei, pero moloume moito facer os churriños das pantasmas! A receita de Tía Alia tédela aquí.
E, xa para rematar, aínda que non ten moita relación voulla sacar. Cando vimos a súa foto na web da protectora, miña nai dixo que parecía un demo, e logo resultou que esta gatiña de capa carey (tartaruga!) foi a primeira de todos os minigatiños que veu saudarnos ó B. e a min nada máis entrar velos. Neve xa non está connosco :( e este demo, que é boísimo, foi bautizada coma Noite e agardamos que nos faga compaña a nós e a Xeo por moito moito moito tempo.
Que peniña o de Neve. Pero que ben que Xeo teña unha nova compañeira, tan riquiña ela. Non ten moita cara de demo, que digamos... ;)
ResponderEliminara ver se se convirten en inseparables como eran os irmáns... ains! É moi guapa, pero o aspecto é o de menos.
Eliminar