Páxinas

domingo, 9 de novembro de 2014

Unha de monos surfistas

Camisola, digo. É o que ando a coser últimamente, porque é do que andamos máis faltos.
O malo de ter tres nenos é que sempre parece que coses pouco. Fixen unha para a Z., dúas para a L. e tres para o B., e ningún deles está sobrado.
Agora falta que poida facerlles fotos con elas postas para volas amosar.

monos surfistas
monos surfistas
monos surfistas

O patrón é a flashback skinny tee en talle 2 anos e as teas do meu acopio de verán nas tendas locais.

6 comentarios:

  1. A min paréceme unha barbaridade toda a roupa que lles fas aos nenos. Co tempo que leva cortar e coser... e atopar esas telas que atopas ti. Ese estampado é xenial!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É divertido o estampado, e non adoitan aparecer cousas así nos retallos de punto, así que aínda que non tivera moi claro se me gustaba ou non tiven que collelo. E agora gústame. Creo que os puños nas mangas lle quedan xenial a esta tea :)
      E non é que non cosa, só que ó coser para tantos non se nota, porque hai que seguir mercando roupa igual para todos.

      Eliminar
  2. Me lo como!!!!!!! Yo querría coserles más, pero usan uniforme, así que todo para Abril hasta el verano!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Es que cunde más si te dedicas a coser a uno solo, porque notas que realmente haces algo. Lo de coser para los tres significa que sigues teniendo que comprar ropa para todos igualmente.

      Eliminar

E ti que dis?