Durante a semana pasada fixen outros sete, así que só restan cinco cadrados, e 15 días... se o penso moito sei que non me vai dar tempo, queda facelos, recortalos, unilos, poñer outra capa de boata máis, poñer a traseira, reacolchar e poñer o bies. Así que o que fago e tirar para adiante con ilusión, coa vista posta no obxectivo final e non pensar, só facer, así é como se conserva a esperanza, non pensando ;D
Tan animada me atopo que ata me atrevín a rebuscar entre as posibles traseiras e sacalas do armario. Cando a teña rematada (en nada, vamos) cóntovos máis cousiñas da idea desta colcha.
Imos aló!
Que cadrados máis lindiños!! e vaia traballo non?
ResponderEliminarparéceme complicado isto do patchwork...aprendiches ti soa? **
Non creo que se poida dicir que aprendera, pero si, o que fixen fíxeno de maneira autodidacta, como o demáis, con internet. Estes cadrados en concreto e máis os da colcha da Z. son moi sinxelos de facer e para perder o medo van moi ben, ademáis de que non esixen planchar nin medir nin nada de nada, anímate, tés un tutorial dos cadrados da Z aquí: http://sewtakeahike.typepad.com/sewtakeahike/2010/03/quilt-as-you-go-quiltalong-part-one.html
EliminarEu fíxeno polo libro Patchwork Style, pero logo descubrín o tutorial, así que o tés de balde ;)
Umm gracias pola info! vou gardar o enlace para cando me atope preparada jeje, tes unhas cousas moi chulas na tenda con esta técnica!!
ResponderEliminarE como vas facer para acolchala cando teñas todos os cadrados unidos? Pensaba que facías o "quilt as you go" precisamente para on ter que acolchar na máquina unha peza tan grande...
ResponderEliminarTes razón co de que non hai que pensar moito no que queda que parece que así costa máis avanzar...
+bicos
Pois logo de unidos a intención é repasar as costuras a máquina xa con outra capa máis de boata e a traseira. O orixinal levaba tamén uns atados con la para darlle estabilidade en cada intersección e no centro dos cadrados, pero á da Z. non llelos fixen e a esta tampouco pensaba. o problema do quilt as you go é que se non fas nada despois e queres poñerlle traseira queda totalmente solta, así que ou acolchas directamente nunha peza de manta ou boata sen máis remates ou tés que facer algo para unir as capas igualmente.
EliminarClaro, claro. Se lle pos máis recheo e traseirahai que pasarlle outro cosido. As que vira eu con este acolchado xa incluían todas as capas, a traseira tamén, cosendo ambas a man, creo...
Eliminar