O Me Made May é unha iniciativa costuril que anda dando voltas polos blogues e que consiste en facer propósito de poñer a roupa que fas. Eu apenas teño roupa feita por min para min, porque fago máis para as nenas, pero algo si que hai.
Pero antes de amosarvos o que puxen; que é ben pouco, en parte porque eu só adoito usar un par de mudas á semana, e logo ando con roupa "de andar por casa", e en parte por iso de que non teño moita roupa feita por min; vouvos amosar o que fixen.
Lembrádesvos daquel pantalón que me deu meu irmán? Logo de amañar o roto do cú descosín toda a cinturilla e máis os laterais das perneiras ata os xeonllos... e logo deume tanta pereza poñerme a refacelo que estivo máis dun mes pendurado na silla onde me sento a coser sen que o tocara.
Pero en canto me puxen...
E creo que se convertiu no meu pantalón favorito: é ancho e cómodo, non necesito poñer cinto, e como ten puños non se molla se chove!
A miña versión dos pantalóns boyfriend que andan polas tendas é o pantalón brother ;)
E aquí o está xunto con esa chaqueta de raias que non a fixen eu pero feita a man, pola miña avoa cando estaba no instituto, e que segue a encantarme.
Esta semana puxen tamén esta chaqueta que fixera hai tempo (levo xa un par de anos que non me apetece nada de nada tecer, e creo que en parte é porque non poño apenas as cousas tecidas).
Que surpresa ver teu me made may de un dia ademais com brother's pants!!! Trabalhão que te deu fazer na tua medida, não? Um dia menos sem o chandal e com roupa handmade! Muito bem!!!
ResponderEliminarNon teño moito máis que poñer neste tempo, pero animoume a intentar vestirme con cousas que me gusten e a facer cousiñas para min... a ver se dou feito o esforzo.
Eliminar