
Por fin!!! Por fin fago as fotos, porque rematada estaba dende hai un par de meses. Coma sempre, intentaba ter unhas fotos chulas, pero vendo que o momento de sacala da casa pasear coa cámara de fotos e os nenos non se producía... ó final un día que o Moucho estaba fora na horta traballando pedinlle que ma aguantara un minutiño e saqueille un par de fotos. O fondo non é o que quixera, pero vese, non?
Faláravos desta colcha hai tempo noutra entrada e o quilt que me serviu de inspiración foi este de Red Red Completely Red. Pero omo vedes ó final fixen modificacións: as miñas cruces son máis grandes, están todas organizadas en filas en colunas ben aliñadas, utilicei o verde e o negro xunto cos claros como base e engadín unha cruz ó revés que case é o que máis me gusta... como unha sorpresa ó final.

Sabía que esta ía ser a nosa manta de verán para o sofá, temos os sofás de pel e no inverno usamos unhas peles de ovella para sentarnos e non notar o tacto frío, pero no verán pareceume que estaría ben usar a mantiña que queda preciosa toda á vista... aínda que realmente nunca está estirada. Por iso, porque sabía que estaría no sofá e non nunha cama, quería que a traseira fose de franela e atopei unha preciosa que lle ía perfecta: nun verde acedo e cun motivo xeométrico que se repetía en branco... pero era dunha tenda de patchwork e para a traseira custaríame máis de 70€,... así que fun pola opción barata e busquei unhas sabas de franela de oferta, por 10€. Logo de cosela tirábame dos pelos, porque aínda que a lavara antes por se acaso, a saba tinguime todo o plástico da máquina de laranxa co roce (arghhhhh), aínda que parece que os danos non foron máis aló, non ten un tacto suavísimo de manteiga coma a outra, porque apenas ten peliño, peor tampouco ten o tacto frío, así que segue a ser axeitada para taparnos no sofá.
A realidade é que non se ve nunca colocadiña como quedaría tan mona, máis ben vese así:
Polas noites vou ós poucos rodeando as cruces cun acolchado a man en fío verde, e a idea era tamén facelo no interior das cruces con fío negro, pero apenas se ve, e non sei se será necesario reforzar esas costuras, que era polo que o facía en realidade. A verdade é que mentres facía o acolchado a máquina dábame moita rabia como estaba a quedar porque primeiro rodeei as cruces e logo fixen raias horizontais, e en moitos puntos ó xuntarse as liñas a tea quedou algo fruncida... pero tanto como me molestaba cando a estaba a coser doume conta agora que non ten a máis mínima importancia porque a usamos a diario e eses detalles non os volvín ver.

(nas súas diferentes versións)

Aínda que a conclusión é que nin o branco é o máis axeitado con nenos, nin o negro o máis axeitado con gatos... a min encántame! :)

NOTA: Cos restos que me sobraron estou estes días facendo outra mantiña de bebé... en canto estea lista amósovola, porque creo que vai quedar tamén ben chula.
Que boniiiita ficou!!! Ainda que você mostre os rastros do gato e do chocolate, sinal de que está confortavelmente usada neste sofá, a gente aqui do outro lado só vê a colcha fantastica e estas cruzes negras que saltam no fundo branco. O acolchado é um trabalho incrível! A miniatura em manta bebê vai ficar um show!
ResponderEliminar