Páxinas

venres, 31 de outubro de 2014

Temporada de mazás

Fomos a unha comida hai un par de semanas e de postre había uns biscoitos de mazá que estaban para morrer de gusto. E antolláronseme, e como no coche traiamos unha caixa de mazás reinetas dos avós, pois fixen unha versión desta receita de Kanela y limón (esta receita é de hai tempo, mirade as últimas entradas e flipade coas fotos e a evolución).

O único que cambiei foi a manteiga (que non tiña e non me vai moi ben para o meu) por aceite, usei menos mazás e botei un chisquiño de canela por arriba.

biscoito de mazá

biscoito de mazá2

biscoito de mazá3

biscoito de mazá 4

Estaba moi bo, pero non iguala ós da comida aquela, así que terei que pedir a receita. O único malo que lles vexo a estes biscoitos cremosos é que teño medo a que se derramen e cómoos eu soíña nun par de días, glups!

E agora o que vos quería preguntar, vós facedes compota ou algo semellante coas mazás para conservar? Temos moitas, e aínda que o Moucho as come de tres en tres, se sobrara algunha non quixera que se estropearan, xa sabedes... compartides comigo a vosa sabedoría?

6 comentarios:

  1. Pues por tercera vez: puedes hacer dulce de membrillo con manzanas, creo que en inglés se llama apple butter, para que lo busques. Yo las pongo en ensalda: lechuga, manzana, apio, nueces y aliño de aceite y limón. A vces le pongo aguacate o quedo fresco. Por cierto, cuando tengas la receta, me la pasas ¡qué pinta!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Joooo, pero a ti qué te pasa siempre con mi blog y los comentarios, buuuuuu. El membrillo no me gusta, ejem, y tengo en la nevera una tarrina que me dio mi padre y que me vi obligada a coger porque se destrozó (literalmente, lo operan la semana que viene) la rodilla cogiendo los membrillos del árbol.

      Eliminar
  2. Cando teño moitas mazás, que me traen meus pais da aldea, fago tamén biscoito. Gústame moito o flan de mazá e fago algo parecido á compota, pero pouco cocida e no microondas. Máis ben é mazá asada en pedaciños.

    Este ano do que ando sobrada é de peras, e con esas sí que non sei que facer....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu probeinas ó forno en casa dos sogros e están moi ricas, seguro que o do micro é máis rápido e económico e saben cocidiñas no seu zume.
      De peras a tarta tipo americana de peras e chocolate, para morrer de gusto! Probámola nun sitio de Girona que tiñan comida rica, pero sobre todo uns postres caseiros de lamber os pratos. Creo que xa ata a idealicei de tanto pensar nela ;D

      Eliminar
  3. Umm pintaza! eu faría marmelada como con toda a froita jeje, xa che digo menudo cambio o de kanela e limón!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu levo un par de anos botándolle mazá e canela para completar a marmelada de amoras,... pero non se me ocorrería facer marmelada de mazá así tal cual... pódese? Tampouco sei como se fai a compota, non a fixen nunca.

      Eliminar

E ti que dis?