Páxinas

martes, 2 de setembro de 2014

Para un namorado dos corazóns

Ou agasallo cardiofriqui.

cardiofriki
cardiofriki

Ás veces venme a inspiración e ocórrenseme cousas chulas, igual o resultado final non é o que eu agardaba, pero seguen a ser un agasallo con gracia.
Non están perfetas porque fixen as plantillas cun folio e entón, ó non se pegar ó papel á tea, sempre se cola algo de pintura polos bordes, e non sei que pasará cando se laven porque non tiña vermello (nin verde) en pintura para tea. O verde conseguino enseguida mesturando, pero por máis mesturas que fixen non conseguín nada que puidese sustituir ó vermello do corazón, así que pintei con témpera vermella e cun medium para pintura de tea... se se fastidia fastidiase todo, pero o dono está avisado, así que que goce da primeira posta por se acaso.

Ata usei o secador do pelo (que nesta casa non se usa nunca para secar o pelo) para secar unhas partes e poder poñer a plantilla da seguinte... non pensara en que tiña que superpoñelas!

1

Logo tiña tanta pintura na paleta de facer mesturas para conseguir as cores que me daba mágoa tirala, así que pintei un trapo de algodón branco facendo raias diagonais, tapando con precinto de embalar o que non quería pintar.

trapo a raias

Prestoume tanto pintar estas camisolas! O acabado deixou moito que desexar, pero foi divertido, tiven que usar a cabeza e ata saquei un trapo de raias co que facer algo. E ademáis parece que gustaron, aínda que chegasen 6 meses tarde ;)

NOTA: Por certo, a plantilla do corazón é de Girl like the sea e podedes atopala aquí.

2 comentarios:

  1. jeje moi boas!! quedaron xenial! non creo que teñas problema ó lavar, eu teño pintado só con acuarelas e logo íase un pouco a cor pero nada máis, e polo menos a sorpresa xa está feita ;)

    ResponderEliminar
  2. Que regalo tan xenial! Eu tamén teño cerca un namorado do corazón... ;)

    ResponderEliminar

E ti que dis?