Páxinas

mércores, 24 de setembro de 2014

A hamaca

Eu soñaba cunha hamaca, levaba un par de anos pensando en deitarme nela no xardín ó chegar a primavera e pasar alí as tardes de verán deitada mentres os nenos xogan. Pero o problema é que as nosas árbores son aínda moi pequechas e non é posible colgar delas máis nada ca unha casiña de paxaros como moito, así que aí non se podía, e eu lembrábame daqueles ganchos coas hamacas brasileiras que había na casa de verán da miña curmá Paula: estaban no porche, e cando non se estaban a usar non eran máis ca un ferro plano na parede e nas colunas, pero se premías na parte superior a pestana basculaba sobre un eixe e de dentro da parede saía un gancho. Alí colgábanse unhas hamacas brancas de algodón que meus tíos trouxeran de Brasil, se non lembro mal... encantábanme.

Eu andaba apensar onde poderiamos poñer algo así na nosa casa, e non se me ocorría un lugar axeitado, e entón Cris amosoume o soporte de Ikea para hamacas e María dixo que a hamaca ben podía facela eu... e fíxena!

Cunha tea que levaba anos na casa, que fora agasallo de miña nai, de cando comecei facendo aquelas mantiñas con sabas vellas para tirarnos na herba.

Ó principio fíxena e quedou moi longa, e como é propio de min quixen tomar un atallo e para acurtala e non ter que descoser e volver coser todas as trabaillas para pasar o cordón, pois fixen un costurón de cada lado e listo... e isto foi o que pasou:

hamaca2

hamaca1

A tea estábase a abrir co peso ó sentarnos... así que armeime de paciencia e volvín quitar os cordóns, descoser as trabillas dun lado, cortar e volver coselas. E entón quedou xenial.

hamaca6
hamaca5

O bo do soporte ademáis é que a hamaca pode usarse fora, pero tamén pode meterse dentro da casa, coma no garaxe, onde estivo ó principio de facela, que lle deu por chover, ou no salón, coma agora onde durme ás veces a sesta o B., sobre todo cando queda co papi(aínda que ocupa medio salón e é un salón grande).

Fíxena ancha e así cabemos un cento deles dentro, e ademáis pode usarse coma un balancín, sentándose dentro no outro sentido. 

hamaca3
hamaca7

Estou moi feliz coa nosa hamaca... pero iso si, o de poder pasar as tardes deitada dentro era unha ilusión, case non a probo, e cando me meto intentando descansar tranquilamente un rato, non é así:

hamaca4

...máis ben é algo así:

hamaca

XD



6 comentarios:

  1. Ohhh é preciosa! Como me alegro de que a fixeras ti e de que sexa unha hamaca con historia :)
    Que gusto leerte tartaruga :*

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas María! Sobre todo pola idea, porque grazas a iso se fixo realidade, creo que se tivera que mercala aínda estaría sen ela :)

      Eliminar
  2. jeje como mola!! vaia currazo pero paga a pena non si? nós tamén temos unha de colgar no porche e é xenial!! quedouche espectacular, noraboa!

    ResponderEliminar
  3. Que historia coa hamaca! Ao final as cousas saen, pero cánto traballiño dan!

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu teño a sensación de que as cousas non me saen nunca á primeira, igual é porque son pouco metódica, ou igual é porque é como ten que ser.
      Biquiño Montse

      Eliminar

E ti que dis?