Descubrín esta iniciativa de gorriños tipo bandana para nen@s en tratamento oncolóxico e fixen uns poucos, con algunhas teas das que tiña por casa e outras que donou alguén que non sabe ou non ten tempo de coser pero que quería colaborar e que me mandou a coordinadora da iniciativa en Galicia, que está a facer moito traballiño.
Chámanse KIMO KAPS e teñen grupos en facebook para case todas as comunidades autónomas. O noso é
Kimo-kap Galicia, por se queredes entrar a mirar ou colaborar. No
blog (que acabo de descubrir) tendes o patrón e o tutorial para coselos.
Unhas fotiños dos modelos (estou desexando que esa parede pase a ser branca).
Son lindísimos, Raquel! Y la iniciativa me parece muy buena, voy a ver si me pongo en contacto y puedo colaborar. Gracias por traerlos y gracias a tus modelos, siempre tan colaboradoras.
ResponderEliminarBoa iniciativa. Voulle botar unha ollada ás páxinas.
ResponderEliminar