O problema foi que a Z. non lle gusta nada probar e a min gústame moito improvisar e tirar para diante. As únicas fotos que teño, de feito, son estas sen modelo dentro e o pobre Moucho termando da percha, agardando ser repetidas.
A comuñón era no medio das vacacións e non iamos estar na casa, e por riba houbo que marchar antes do que pensabamos por un imprevisto e as nenas non estaban, así que eu imaxinei os modelos na miña cabeza e pareceume que iamos estar estupendos todos. Para máis tensión aínda ocorréuseme deixar a bolsa coa roupa na casa de miña nai mentres nós marchabamos a 100 km ata o día antes.
E chegou o día antes e a Z probou o vestido e dixo que non lle gustaba... como lle ía gustar, pobre! A tea era un algodón de verán sen ningunha caída e esa goma facía que parecese unha bola a parte de arriba. O caso é que non tiñamos máis roupa... pero entón probou este vestido que ía levar a L. e quedáballe mallado, incluso a única chaquetiña que atoparamos para a L uns días antes e que lle era un chisco grande, á Z. quedáballe perfeta. A L. quedou conforme en emprestarllo e ir coa roupa que levara para o día seguinte. E eu, que esquecera as sandalias e ía ir cunha saia ata o chan nun día que daban choiva a todo meter, probei o vestido da Z coas súas anduriñas e entrei dentro! Como lle ía gustar un vestido no que cabía eu?
Miña nai emprestoume unhas mallas azuis e coas sandalias de conducir (que non quito en todo o verán) alá fomos de comuñón todos con indumentaria máis ou menos improvisada.
Creo que lle subirei un chisco a goma da cintura, que se me quería ir á cintura seguido e subíaseme, e igual lle abro abaixo os laterais, pero queda para min porque é xenial ata para dar teta: ó ter goma tamén no escote é moi cómodo para sacar a teta por arriba ;)
Está visto que os homes desta casa téñeno máis claro e non se complican tanto :D
O estampado e precioso. Ben merece que o axustes para levalo cómodo. E menos mal que puxeches a última foto, que eu xa pensaba que o levaras tal cual e che estaba facendo ben pequeniña... ou ben valente... ;)
ResponderEliminarUnha pregunta técnica, se non che importa. As dúas primeiras fotos fixéchelas con flash? E que alucino con eses fondos tan blancos e homoxéneos...
+bicos
Claro que podes preguntar, as fotos son sen flash. Sempre son sen flash, pero están editadas (ó bruto porque non teño moita paciencia, pero editadas), de todas maneiras nesta o fondo branco era doado porque a parede é branca e o vestido está pegado a ela, así que non lle dá espacio a facer moitas sombras. Se puidera ou soubera como poñíache aquí a orixinal para que a vises.
EliminarE segue a preguntar, que o pouco que saiba eu respóstocho ;)
jejeje que apañadiña es! namorei desa tea...é preciosérrima, quedou moi ben o vestido!
ResponderEliminarmedrouche o pelo! moi guapa!*
Apañada pero sempre porque me saen as cousas atravesadas :D
EliminarO pelo si, unha vez pasada a época complicada de non saber que facer decidínme por deixalo medrar... a ver canto resisto porque volve caerme a puñados, sigh.