Páxinas

xoves, 25 de setembro de 2014

Outono en flores

E resulta que ás plantas que hai na casa, e que eu daba por perdidas deulles por botar flores, o espatifilo, que leva anos na casa sen botar unha mísera flor arrincou agora.

espatifilo

Cando non tiña fillos adoitaba coidar moito as plantas, tiña moitas e mimábaas... agora sobreviven as máis fortes, supoño que cambiaron as prioridades. E pásame algo que coido que herdei da miña nai, que antes non lograba entender e agora síntoo: cando medran moito agóbianme, non sei que facer con elas, non quero cortalas, penso que as vou estragar, e non quero que sigan medrando e coméndome espacio, así que cando pasa iso acabo regalándoas.

A outra que lle deu por florear foi a unha cinta que trouxo a Z do cole o ano pasado e coa que se desilusionou agardando que botara filliños coo a a que tiñan na clase. E agora non só nos sorprendeu con dous fillos, senón que nos sorprendeu aínda máis coas flores, eu non sabía que as cintas botaban flor!

cinta

cinta

Aí se quedan unha temporada enfeitando o blogue.

4 comentarios:

  1. Pois enfeitan moi ben :), feliz primaoutono

    ResponderEliminar
  2. Ai, que non entendía o das flores que se quedaban até que saín do Feedly para comentar...

    Eu ando intentando quitarlle unha plaga de mosca branca que me ten as cintas destrozadas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu teño o bloglovin e gústame precisamente porque ves os blogues co seu aspecto normal.
      As miñas cintas son as que se salvan porque os gatos aínda non descubriron como chegarlles, o resto das plantas están bastante perxudicadas por causa diso e da coidadora...

      Eliminar

E ti que dis?