Páxinas

luns, 9 de xuño de 2014

O peto de Barney

Coñecedes a película "La Gran aventura de Barney"? A miña recomendación é que non a vexades, non destaca pola súa calidade, vaia, pero chegou a nós de mans do avó Tito hai xa tempo, e ás nenas si lles gustaba. Hai un par de meses, revéndoa, a L. dixo que quería un peto vermello como o desa nena que sae na peli de Barney, e antes de que se arrepentise e cambiase o look por algunha disparatada saia de tul fucsia e suxeitador, decidín cumplirlle o desexo. Unha nena vestida cun peto vermello? Un peto unisex nunha película infantil levado por unha nena, desgraciadamente, non é algo habitual hoxe... nótanse ben os anos que ten a película (tamén na roupa do neno, ha!). Pero o caso é que iso fixo que a miña filla o quixese, así que había que aproveitar o momento.



Merquei un retallo de liño vermello que había nas teas ó peso e con el fixen o peto. Usei un patrón do libro Happy Homemade vol.2 para o pantalón (o modelo i, en talle 120, e o longo do talle 100) e improvisei a parte de arriba.

peto1

Todo o rato tiña na cabeza a idea do peto unisex, e pensando ademáis en que puidera utilizalo o B., pero xusto cando estaba facendo a parte de diante a L. achegouse, así que lle preguntei se quería que lle fixese un peto ou mellor sen el, e en dous minutos estragou a neutralidade: dixo que mellor dous petos e que quería colocarlles esa cinta gris brillante (que non teño nin idea de onde saiu)... e pensándoo ben: que neno de 5 ou 6 anos ía querer poñer un peto así hoxe?

peto4

A L. non quere nunca cousas frouxas, así que temendo que lle parecese incómodo ó non sei axustado coloqueille unha goma cosida na parte traseira da cintura. 

peto5
peto3
peto2

Quedei toda satisfeita con este invento. Pola parte da improvisación e polo acabado que conseguín, que se ve moi pulidiño. 

A verdade é que só sabía que levaba un peto vermello amplo, recén agora que busco as fotos vexo como era en realidade e non se parecen moito, igual aí está o éxito, porque ela está encantada.

2 comentarios:

  1. Eu alucino coas cousas que contas das roupas de nenos e nenas. Sempre penso que certas cousas pasaron, pero é certo que a pouco que miro arredor tópome coa realidad.

    Ese peto é absolutamente profesional! Supoño que nalgún momento estudaches corte e confección, non sí?

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En certas cousas estamos peor ca antes, Montse, porque antes as cociñiñas de xoguete eran só para nenas, pero é que agora, que se supón que temos claro que son para todos, todas son rosas e malvas! Os biquinis por exemplo, cando eu era pequena só tiñan braguiña, agora teñen parte de arriba ata os de bebés, incluso o outro día lin que había unha cadea de hipermercados que tiña biquinis con recheo para nenas! Non vou seguir porque me pon de mal humor... :(
      E grazas polo piropo! Pero non, non estudei nunca nada de costura, o (pouco) que sei é de ir facendo cousas. Creo que tomar as cousas con calma e poñer atención nos detalles fixeron a diferencia esta vez. Iso e máis un pouco de sorte, supoño.

      Moitas grazas Montse!

      Eliminar

E ti que dis?