Co mesmo patrón que usei para a parte de abaixo do peto de Barney (modelo i do happy homemade en talle 130) fixen estes pantalóns engadindo uns detalles nesa tea de puntiños. Mercáraa para a colcha da L., que está en proceso dende hai máis dun ano, e era tan pouca cantidade que só me sobraron dous trianguliños de menos de 10cm. Non sei se os usarei nalgo ou irán para encher un recheo de coxín...
E aínda que eu sempre teño presa por rematar en canto comezo unha prenda e adoito ir ó rápido, básico e sinxelo, teño que recoñecer que pararse a pensar e planificar un chisco e máis poñer atención nos detalles marca a diferencia.
En canto os tiven rematados dixo que os quería estrear, así que levounos xa ó día seguinte de excursión xunto con esa bonequiña que sae nas fotos.
Fanme gracia estas fotos, feitas a toda presa antes de marchar para o cole porque se apiñaron todos no mesmo punto: sae un chisco da L, outro do B, un rabo de gato... :DD
Outra cousa que descubrín é que o liño dá moi bo coser comprado con esta loneta tesa... sorpréndome a min mesma notando estas diferenzas que nin sequera sei moi ben como explicar.
Teño que escoitalas para facer o que piden e que o poñan contentas. O seguinte na lista de peticións é unha saia vaqueira lisa para a L. A ver cando consigo rematala e se é do seu gusto.
Me encanta està convinación con la tela de lunares
ResponderEliminar