Páxinas

xoves, 30 de outubro de 2014

Un chaleque de lobo

Vímolos nunha tenda e as nenas querían mercalos, custaban case 30€ cada un e eu non lles vía utilidade, así que pensei facelos.

Merquei a tea, saquei o patrón dun chaleque da Ottobre que tiña e montei un cristo cortando esa tea peluda. Picábame todo e de súpeto xa non me pareceu tan boa idea.

chaleque de lobo

Quedou enorme a pesar de que xa lle cortara un bo anaco e as sisas van rematadas daquela maneira, pero ela di que lle gusta.

Agora fáltame o da L. e planeo facer eu o patrón e facelo máis curto e máis entallado, entre outras cousas porque me queda pouca tea. Se consigo facelo algún día volvo por aquí amosárvolo.

1 comentario:

  1. ánimo! non debe ser nada sinxelo meterlle man a esa tea! a miña sobriña tamén ten un chaleque deses...teñen moito éxito entre as cativas jejej. Que guapísimo está o parrulo*!

    ResponderEliminar

E ti que dis?