Páxinas

venres, 24 de outubro de 2014

Coser cousas raras II

E aquí está, o precursor da funda dos tubos da cama elástica: un diademeiro.

Dáme a risa ó amosalo porque foi feito un día nunha arroutada farta de ter unha maraña de diademas e de que as nenas tiraran todas cada vez que querían coller algunha. A idea inicial era coller un retallo de peluche azul que me dera a amiga Cris, pero ás nenas encántalles para xogar e non fun quen de atopar máis ca un minúsculo pedaciño, así que collín o que tiña que resultou ser un peluche marrón, e entón o diademeiro pasou de ser simpático a unha cousa entre rancio e horteiro, pero funcional, iso si.

Cosín o peluche a un anaco de boata sintética gorda que tiña na casa e forrei un tubo de cartón no que nos deran unhas fotos, púxenlle velcro para pechar o tubo, por arriba vai simplemente metido polo oco do tubo, e por abaixo (púideno colocar mellor para a foto) metino no portarrollos do baño que non usamos nunca e que está posto en vertical.

E sen máis aquí vos deixo coa miña creación monstruosa :D

diademeiro kitsch

Non fai falla dicir que ó día seguinte de facer o enxendro apareceu o retallo azul que eu buscaba, pero como isto xa estaba en funcionamento e como son unha galvana, pois aí quedou para sempre xamáis, e as nenas seguiron xogando coa súa "tea suave".

2 comentarios:

  1. E seguro que ás nenas lles encanta sacar as diademas de aí. Ás veces a estética ten que estar por debaixo da utilidade, qué lle imos facer. Que tampouco vas andar buscando telas a propósito para tales menesteres... E non está tan mal, por certo. Creo que exaxeras co de "monstruoso".

    +bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Home, útil é, pero bonito... XD
      É o que é: un turullo de pelo marrón con enfeites para o pelo, queda raro, pero non me arrepinto, que aí o está! ;)

      Eliminar

E ti que dis?