A súa camisola galáctica foi feita enteiramente por ela, escolleu o debuxo, eu recortei a plantilla e ela fixo o estarcido e máis a decoración con pegamento purpurina. Inspirouse nunha tatuaxe que viramos unha vez nun programa de televisión onde tatuadores tiñan que retratar ás mascotas, non atopei a imaxe pero lembro que era un can rodeado dun marco moi barroco e cunhas cores bastante rechamantes, algo semellante a isto ). Supoño que aquel tiña un lazo no pescozo, porque xa vedes que a Z lle puxo un ó seu can.
O único que cambiaría sería poñer o debuxo un chisco máis arriba, pero a camisola quedou moi chula.
Teño foto tamén dunha de flores e puntos... os tonos véxoos máis para o outono, pero as teas son moi fresquiñas.
A tea de puntos useina nunha camisola no inverno que foi a miña favorita, pero sospeito que non usei agulla de punta redonda e ó pouco comezou a facer minifuradiños nas costuras, desta vez asegureime de utilizar a agulla axeitada, e usei o último retallo que me quedaba para estas mangas, pero na última visita á tenda de retallos había un anaco desta tea de novo e volvina coller.
E por último unha sudadeira. Usei parte dun chaleque raro que utilizara para facerllle uns pantalóns curtos no verán pasado. A parte de enriba quedara sen usar e pensei que podía "completala". Como non atopaba tea de sudadeira sacrifiquei uns pantalóns de chándal que apenas usaba porque se mancharan e a mancha non saíra, e porque non tiñan petos.
Qué pasada de camiseta galáctica! e a sudadeira feita co chaleco gústame moitísimo! seguide experimentando que vos saen unhas cousas do máis orixinal!!
ResponderEliminar