Páxinas

luns, 20 de xullo de 2015

Unha tanda de pantalóns

A mediados do verán e o B. non puña pantalóns curtos. Pasoume tamén coa L., que de pequena tiña problemas con cómo se sentía a roupa sobre o seu corpo, pasar de mangas longas a curtas, ou de vestidos a pantalóns podía ser un drama. Ó B. ten as mesmas sensacións, así que non apeaba os pantalóns longos, e o único "fino" que tiñamos por aquí neste verán extrañamente caloroso eran pantalóns de velour imitando panilla, máis un par que xa fixera con tea de camiseta, así que decidín facer algún máis deses rápidos para poder usalos canto antes.

Pantalóns sinxelos
Pantalóns sinxelos

Seguro que adiviñades logo da entrada anterior: foi rematalos e comezar a poñer os pantalóns curtos, sempre pasa. Pero teñen moita vida por diante.
O mellor de todo foi que coas presas, ó facer os segundos, cortei dúas pernas esquerdas, así que para aproveitar a azul que sobraba ocorréuseme cortalos onde a perna comezaba ser recta, e con iso facer os puños... e sabedes que? Un éxito, agora son os meus favoritos, non descarto facer algún máis.

Pantalóns sinxelos
Pantalóns sinxelos


O patrón é o núm. 5 da Ottobre 4/2014 e as teas son de tenda física.

NOTA 1: Ó final decidín seguir poñendo as fotos no flickr coma sempre xa que teño capacidade ilimitada e do outro xeito non, a pesar do rollo que supón copiar os códigos e pegalos en html, que se non non me van...
NOTA 2: Por riba acabo de descubrir que se pincho nalgunha das etiquetas cámbiame o tipo de letra!!! Por que este blogue me cabrea tanto? Nunca tivera tantos problemas en calquera das plantillas que usara antes. :(

8 comentarios:

  1. Pois a min o que me mata do teu blogue é que sempre se me borran os comentarios, ás veces intentoo unha segunda vez e vai pero outras o comentario vai ao limbo dos comentarios :(
    Dicía (no primeiro intento) que que grande está o B. e que seica fai moito que non nos vemos :(
    Ah, e que I miss you :o*

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boh! Pois si que é un asco de blog. Estou permanentemente cabreada con el. Ó de non vernos igual podemos poñerlle solución, non?
      BIquiños

      Eliminar
    2. Mecaghoentodoslossandiosesdebarro, non se borrou tamén a resposta a esto...
      Bffff!
      Dicía que tampouco avisa das respostas aos comentarios e penso que antes si que o facía, e que sí, que temos que vernos

      Eliminar
  2. Pois a min se me acaba de borrar o comentario tamén, ups! Un comentario onde dicía que sempre vía o teu blog ben :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. POis si que debe ser frecuente o dos comentarios que van ó limbo... e iso non teño nin idea de como solucionalo :(
      Velo ben, pero sempre ten cousas que non me gustan. Desanímame.

      Eliminar
  3. encántanme eses pantalóns metade estrelas metade azuis!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ei, acabo de ver no teu blogue que compartimos tea! Grazas!

      Eliminar
  4. encántanme eses pantalóns metade estrelas metade azuis!!

    ResponderEliminar

E ti que dis?