O patrón foi o raglan naii e teño que ir mirar o talle que non me lembro.
Últimamente estou a ter algúns problemas coas puntadas en teas de punto de camiseta, e non me pasara nunca antes, creo que en parte é polo tipo de tea, porque ata agora apenas usaba puntos con elastano, pero non teño moi claro unha cousa: as agullas stretch son as mesmas que as ball point?
Teño que comprobar se é porque as agullas están gastadas ou porque teño que usar stretch e non ball point, fun pedilas á tenda de máquinas de coser e dixéronme que para teas de punto só tiñan as ball point, que serían as mesmas, así que non o teño claro.
Hoxe metín as fotos directamente no blogue e non no flickr porque aínda non indaguei como se quita ese marco que decidiron poñerlle ás fotos, pero o tamaño de foto extra-grande queda bastante pequeno para o meu gusto... Bah, estas cousas desanímanme, houbo unha época en que non me importaba pasar tempo indagando e fozando para amañar estas cousas, pero agora o tempo non me chega a nada e non quero botar horas nisto, pero tampouco me gusta o aspecto que ten non botándoas. Se alguén quere facelo por min, eu encantada.
Esta guapa! Quanto as agulhas: stretch sao stretch e as ball sao as mesmas que se jersey, para camisetas con elastano eu uso as duas , as stretch tem a ponta meia redonda e sao adequadas aos tecidos q estiram .
ResponderEliminarVale entón vou probar as stretch en tecidos con elastano, que eu creo que é a razón pola que me saltan (tanto) os puntos. Preguntarei noutro sitio, o malo é que me dá moita desconfianza levar algún día revisar a miña máquina alí, se logo non saben nin que tipos de agullas hai... :-/
EliminarPois eu non che podo axudar, nin coas agullas, que non son experta eu en confección, nen no recadro do Flickr. Tamén estou eu perguizosa para indagar solucións últimamente. Sobretodo porque non teño un acceso doado a internet e cando o teño o tempo non me chega para facer todas as cousas que levo retrasadas...
ResponderEliminarGrazas igual Montse, xa me deron unha solución e atopei outra, púxenas na seguinte entrada.
EliminarAproveita para avanzar noutros asuntos e así logo tés material de sobra para amosarnos no inverno. ;)