Páxinas

luns, 15 de decembro de 2014

Robots e extraterrestres

De cando en vez teño algún encargo. Case sempre son para bebés, toalliñas de lactancia e mantiñas sobre todo.
Desta vez a rapaza que me fixo o encargo quería unha mantiña de velour ou nicki coma unha que xa me mercara hai tempo para facer un agasallo e que fora un éxito, así que escolleu esta tea de robots e pareceume que irían ben para acompañala uns extraterrestes-monstros desta tea que me quedaba na casa en forma de toalliñas de lactancia.

mantiña toalliñas

mantiña

mantiña

Esta semana levei un chasco: fun á mercería onde merco sempre esta cinta para facer as etiquetas e a que tiñan xa non era de algodón, era sintética. A muller da tenda dicía que cada vez pechaban máis fábricas e éralles máis difícil conseguir material, e que ademáis xa non había cousas de algodón, polo menos de algodón 100%. Tiven que levar outra cinta lisa que non me gusta nada e moito máis estreita. A ver se consigo nalgures esta cinta con "v" que non sei como se chama en realidade...

Estas fotos son xa do mes pasado, pero lembreime delas porque fixen algunhas toalliñas máis estas últimas semanas e non lles fixen fotos. O último encargo aínda non saiu da casa, a ver se o rexistro antes de mandalo coa súa destinataria.

E non me esquezo da colcha, está rematada xa pero aínda teño que facerlle unhas fotos en condicións, e co tempo que fai, o grande que é, e o pouco que dura a luz, aínda non tiven ocasión... tiven unha visión de onde podería facer as fotos, pero necesito un axudante... adulto, así que seguimos agardando, pero xa vola amosarei.

6 comentarios:

  1. E como gustan sempre os agasallos da tartaruga :)

    ResponderEliminar
  2. Que bonito este tecido, a cinta nao sei como se chama, uma pena que não se encontre de algodão!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vou seguir tratando de atopala porque me gusta moito, a ver se teño sorte.

      Eliminar
  3. Ooh que lindo todo!! no mercadiño do meu pobo hai desa cinta, coido que de algodón, pero máis ancha...claro que é de restos de fábrica do ano da pera...é terrible o dos materiais sintéticos e o difícil que se torna atopar calidade e materiais naturais a prezos asequibles, claro... Por certo o da etiqueta que o fas estampando un selo?? é que quero facer unhas e ándolle dando voltas...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, cun selo e tinta para tecidos, fago unhas cantas un día para ter listas para empregar.

      Eliminar

E ti que dis?