Páxinas

luns, 1 de decembro de 2014

De lúas e estrelas

Esta tea era un retallo grandiño pero o estampado tiña fallos, así que non se aproveitaba moito. Ó principio pensara en usala combinada cunha tea azul para as mangas, pero logo cambiei de idea e aproveitei toda a tea para a camisola porque é dun punto gordiño que non ten dereito nin revés (quitando o estampado, claro). Será isto o famoso interlock?

lúas e estrelas

lúas e estrelas

lúas e estrelas

Cando merquei a tea a vendedora xa me advertiu que era preciosa para un pixamiña, porque se ten lúas e estrelas ten que ser para un pixama, non? Pois non. E ademáis converteuse nunha das miñas preferidas porque a tea é tea de verdade, cada vez téñolle máis teima a esas camisolas das tendas con tea babosilla que case dá grima tocalas... está provocándome un efecto rebote de "canto máis gorda mellor".

O patrón é o de sempre, a flashback skinny tee de Rae, e a tea un retallo de tendas locais.

5 comentarios:

  1. Me encanta la tela, y el color de la tela de puño me chifla!! Madre mía qué mayor se hizo, voy a buscar las fotos de cuando nos vimos, a ver cuánto cambiamos! :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hasta yo lo veo mayor últimamente Eli, y me imagino que lo vería aún más si fuese más rápido hablando como hacían sus hermanas, así parece que me dura pequeñito un poco más ;P

      La tela de puño es del año pasado ya, la usé para las camisetas de dálmata que tienen las dos, y es finita y super suave.

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Tamén se di na túa casa? Non tiña moi claro se era herdanza da miña avoa e miña nai :D

      Eliminar
    2. Sí que o teño escoitado algunha vez, pero non moi a miúdo, por iso me fai gracia... XD
      Miña nai creo que lles chama "teas sen corpo"

      Eliminar

E ti que dis?