Páxinas

venres, 28 de novembro de 2014

Estampado vertical

É un pouco rara esta tea porque o estampado vese moi vertical, verdade? Se non chego a fixarme teríaa cortado ó revés.

estampado vertical

estampado vertical

Sempre que lle digo que quero sacar unha foto da roupa ábreseme así de brazos, debe ser para que se vexa ben :D

Merquei unha agulla dobre de 4mm e useina nesta camisola, a verdade é que os remates quedan moi profesionais, pero creo que me gustan máis cos zig-zags de sempre. Ademáis non acabei de pillarlle o punto, para que quedasen as puntadas con elasticidade suficiente tiven que poñer a tensión do fío case ó máximo porque senón o fío inferior quedaba prácticamente recto. Non sei se era polo tipo de tea, ou se hai algún truco que eu non sei.

O patrón é a raglan Naii e as teas son as dúas do acopio de verán en tendas locais. Xa vos dixen que tiña que amortizalas, non?

2 comentarios:

  1. Que dices!!! O estampado esta bien e a camiseta fenomenal, assim lhe dá impresão de ser mais alta :p !!! O truco...cada tecido é um mundo! Confeso que ja nao uso a agulha gemea faz tempo, sou mais do zigzag!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, creo que o da agulla pode ser tamén pola elasticidade da tea mesma, que entre as dúas liñas faise unha montaña e por iso apenas queda fío pola parte de atrás... eu penso que tamén vou ser máis de zig zag :)

      Eliminar

E ti que dis?