Páxinas

martes, 24 de febreiro de 2015

De que vai este blogue e unha historia



Cando tiña o blogue familiar as cousas saíanme soas, estaban en todas partes, a todas horas, compartir a miña vida familiar era moi sinxelo. Logo deixeino, pero botábao de menos, e estiven un tempo mascullando o de facer un bloque para min. Ó final decidínme e aquí o está.

Noite

Pero non é o que eu pensaba. Crin que falaría de moitas cousas ademáis de amosar as que facía, pero non o consigo. O meu día a día resúmese en facer as cousas de cada día, xa sabedes: lavadoras, comidas, limpezas varias, levar nen@s daquí para aló... A miña vida social é prácticamente inexistente, en parte supoño que porque son moi caseira e en parte porque non atopo o tempo nin á xente, e ó non traballar fora da casa hai días que non vexo a ninguén nin falo con ningún adulto máis aló do Moucho. E o certo é que, máis aló das miñas costuras, que é polo que me deu agora, non atopo nada máis do que falar aquí. Supoño que neste momento da miña vida xa non existo sen a miña familia, calquera cousa que me pasa pola cabeza ou á que lle dou voltas adoita telos a eles de protagonistas.

solpor

Pero dáme rabia porque eu non pretendía que isto fose un blogue-escaparate de cosidos, e ó final é no que se convertiu.

Hoxe para variar vouvos contar unha historia para que vos fagades unha idea de como son máis aló da idealización que tendemos a facer co descoñecido. As fotos xa vedes que non teñen nada que ver, pero como unha entrada sen fotos a sinto inacabada, pois van algunhas só para enfeitar.

lusco-fusco

(que dramático quedou todo, non? Fotos incluidas. Prometo que non foi conscientemente.) 

Pois a historia é a seguinte: xa vos contei que hai moitos días ue non saio apenas da casa, pero hai outros que teño que facer recados e adico a mañá a andar por aí dun lado a outro, este foi un deses días. Erguinme e non puxen a "roupa de andar por casa" senón que xa vestín o chandal que puxera o día anterior "de vestir". Acompañei ás nenas para ir ó cole, volvín a casa almorzar, e logo saín ó hospital (poñer unha reclamación por unha cita para hai dous meses que aínda non temos), percorrín o HULA, que pequeno non é, e logo marchei ó super facer a compra. Unha hora dando voltas polos corredores collendo cousas ata encher o carro. Volvín á casa facer o xantar, comemos e saín pitando para levar á L. ás súas actividades, e cando ía sacar o pé fora do coche de novo, noto algo molesto no nocello, miro cara abaixo, e alí, asomando pola perna do meu pantalón estaba... un calcetín! Máis concretamente o calcetín que puxera o día anterior con eses mesmos pantalóns. Logo de camiñar medio Lugo o calcetín decidiu asomar no coche na intimidade... imaxinádesvos que vou camiñando por calquera sitio dos que andei todo o día e o calcetín decide escapar da miña perna? No medio de hospital: señora, que lle caeu un calcetín!!! XDDD

O moucho di que xa sabe por que temos tantos calcetíns desparellados, andan espallados polo mundo logo de que eu os sacara de paseo metidos nas pernas dos pantalóns. :D

O peor de todo é que mentres quitaba o calcetín da miña perna rindo, fun tocar a outra, e alí estaba tamén a súa parella aínda agachada agardando asomar a cabeza.

Ale, agora xa vos facedes unha idea mellor de como son, va que si?

na casa

9 comentarios:

  1. Jajaja, bienvenida al club de las paseadoras de calcetines ;-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En serio? O es por hacerme sentir mejor? Jajaja

      Eliminar
    2. Completamente en serio, el mío, muy discreto él, se quedó hecho un gurruño en la pernera del pantalón, pero el bulto se veía igual, yo no sé qué debió pensar la gente que tenía allí :-D

      Eliminar
  2. Jejej es moito! aparte da anécdota dos calcetíns que nunca me pasou....síntome mooi identificada, eu xa digo que o meu blog é un diario de labores virtual... non son de contar cousas, pero certo é que en xeral paso dos textos e devoro fotos, menos co teu blogue que sí me paro a ler, e as fotos sempre xeniais!***

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ollo, que para iso tamén me vale, eh? Para saber que patrón era o daquela cousa que cosín, ou cal foi a talla que usei nas últimas camisolas... é coma un arquivo e esa parte gústame.

      Eliminar
  3. Temos muitas coisas em comum , excepto pelas meias que eu nao levo de passeio XD. Tinha lido tua entrada pela manhã e passei a tarde pensando nela. Ja gostava do outro blog e este tb, nao o vejo só como um escaparate porque a tua forma de contar e tuas fotos sempre nos mostra mais que os labores. Curioso como usamos o blog como uma via de escape da rotina solitaria que vivemos. No meu caso nao quero compatir nada muito pessoal virtualmente, talvez seja isso que me chame atençao do teu blog. Por certo, na proxima vez, tira foto das meias que eu ia baixando a página só para ver teu calcetin!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha, sabes que o pensei? Pero non tiña o móbil nin a cámara comigo e unha recreación perdía a gracia toda.

      Eliminar
  4. Yo tenía una sensación parecida, de blog-escaparate y tampoco estoy a gusto con ello... Así que ahora "hablo" de vez en cuando. Pero me pasa como a ti, la mayoría de días no hablo con ningún adulto e incluso me pongo el abrigo sobre el pijama para ir a recoger a los niños con lo que ni vestirme.. (Aquí va un emoticono de vergüenza). Encima estando en un nuevo país, me cuesta horrores salir del caparazón, me da mucha pereza! Otros días me los paso arriba y abajo de recados con la peque encima pero aún no he tenido la suerte de encontrarme los dos calcetines en la pernera del pantalón, sólo uno con lo que seguía desparejado ;-)

    ResponderEliminar

E ti que dis?