Páxinas

sábado, 14 de febreiro de 2015

Xabón líquido caseiro para a lavadora

Levamos anos facendo xabón co aceite usado que gastamos e só engadindo sosa, e un par de anos máis polo menos que tiñamos intención de facer xabón líquido apra a lavadora porque o certo é que as pastillas só as usamos para fregar algunha mancha antes de meter na lavadora, para lavar a man algunha prenda, ou para fregar os cacharros e a cociña. Houbo unha temporada que intentamos relalo, pero era inviable, así que para a lavadora simplemente non o usabamos. Durante un tempo mercamos en grupo a Jabones Beltrán, e gustábannos, pero logo cansámonos ou non sei ben que pasou e deixamos de facelo. eu tiña fichada unha receita para facer xabón líquido directamente do aceite, pero de 5 litros de aceite saían uns 17 de xabón se non lembro mal, e ademáis necesitaba dunha elaboración de varios días, remexendo varias veces... non nos dabamos posto, e eu non quería pensar en onde iamos gardar os 20 litros de xabón se xa nos custaba gardar os 5 de aceite.

Pero entón un bo día a amiga Bolboreta Calceta puxo no seu instagram que estaba a facer xabón líquido simplemtente desfacendo unha pastila de xabón lagarto en auga, e eu pensei: iso poderá funcionar tamén co noso xabón caseiro, así que levamos uns meses de proba e vainos moi ben.
A fórmula é un pouco improvisada: unha das nosas pastillas de xabón (que vén sendo coma media de xabón lagarto), cortada en anacos para que se desfaga antes e dous litros e medio de auga. Quentar ata que se desfaga e deixar que ferva.

O aspecto inicial é como o Jabón de coco de Jabones Beltrán. Póñovos unha foto-cutre para que vos fagades unha idea:

xabón líquido

Pero xa vai un par de veces, non sei se porque tardamos demasiado en usalo, ou polo frío, que se nos queda convertido nunha masa branca mucosa. Nós axitamos a botella onde está gardado enérxicamente e usámolo exactamente igual, e non apreciamos diferencia ningunha no lavado, pero avisados estades. Enchemos o cacharro este tal que así aproximadamente e metémolo no tambor por se acaso.

xabón líquido
xabón líquido

Xa que a información chegou a min, que agora chegue a alguén máis a quen lle sexa útil. Xa contaredes.

4 comentarios:

  1. Ás veces entránme ganas de facer xabrón, pero non para a casa senón para o corpo. Cos productos de limpeza non son demasiado ecolóxica que digamos, sobre todo cos da lavadora, porque, a pesar de non manchar demasiado a roupa en xeral (aquí non hai nenos) sempre estou loitando coas manchas e penso que eses xabróns non son o suficientemente agresivos con elas. A dichosa roupa branca da que xa falamos outra vez!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Enténdoo perfectamente, eu tiven un efecto rebote, porque realmente o que vin é que ningún dos agresivos quita as manchas tampouco, o único que ás veces as quita é o xabón da casa e solete na herba, "o clareo" e o "frotar" de toda a vida, e que seguen a usar como atracción para vendelos... a min non me compensa a agresividade ambiental.
      Pero fastídianme igualmente as manchas e os brancos grises! :D

      Eliminar
  2. Tomo nota! levo unha morea de tempo acumulando aceite e coa sosa mercada pero non me dou posto... e hai que facelo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anímate, é unha horiña de traballo e cunde moito!

      Eliminar

E ti que dis?