Páxinas

domingo, 5 de outubro de 2014

Case Lou 1

A semana pasada Eliana de No doy puntada sin hilo fixo un cose comigo para facer a sudadeira Lou. Dende que o propuxo e vin a sudadeira-vestido encantoume, pero non quería mercar outro patrón porque aínda teño que amortizar as dúas Ottobre que merquei no verán, así que tirei delas e modifiquei un par de patróns para facer unha sudadeira-vestido inspirada na Lou.

case Lou 1

A que vos amoso hoxe foi en realidade a segunda, e aínda que debería ter saído mellor por selo, pois o certo é que non: quedou bastante grande. Sempre peco de agrandar as cousas porque penso que é mellor que lles sirvan nun tempo a que queden pequenas, pero logo ó velas o que me gusta é que sexan da talla xusta. O problema con esta foi que o Moucho foi facer uns recados e levou con el ós pequenos, así que tiña un par de horas para cortar e coser, pero non tiña á modelo na casa e fixen a adaptación do patrón a ollo. Por riba usei un patrón distinto da primeira, porque non había a súa talla. Utilicei o patrón 30 da Ottobre 1/2014 no talle 122.

case Lou 1

Cando lle fixen a primeira proba, aínda sen os puños, pareceume que lle ía quedar curta nas mangas, así que engadín esa tira verde antes dos puños: agora élle longa e o problema é que non lle é moi ancha, así que non creo que chegue a quedarlle ben de longo e nas mangas e que aínda lle sexa cómoda no torso. Pero (polo menos de momento) semella que lle gusta.

case Lou 1

case Lou 1

A tea de peixes é unha sudadeira non perchada pero moi gordocha que atopei de milagre un día na tenda de teas, a sudadeira verde é perchada, e veu xunto cos puños da tenda da Pantigana.

Estas fotos fíxenas a fin de semana pasada. En canto rematei o vestido quixo poñelo e dixo que lle encantaba, pero agora estou un pouco de baixón, porque lembrades os pantalóns de chándal que tamén lle gustaban e quixo estrear no medio do verán? Pois agora seica xa "non lle gustan moito".

Costureiras do mundo: a vós non vos pasan estas cousas? E non vos desaniman?

Estou en stand by, sen saber que roupa necesitan de cara ó frío, que non acaba de chegar, e sen saber que coserlles, igual podía ir polo B. que de momento non escolle a roupa, pero é o que máis roupa ten. Así que seguimos agardando e buscando a inspiración. 

4 comentarios:

  1. pasan, pasan... por aquí ando tamén desanimada coas costuras para os meus pícaros... moitas veces non as queren poñer... qué rabia!! déixasme morta con esa sudadera de peixes...é estupenda! E o falso Lou está xenial!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Sí, sí que pasan! Me encanta cómo te ha quedado! Por aquí tengo que coser muuuchas sudaderas, camisetas de manga larga y chandals, que es lo que más gastan cuando no van en uniforme ;)

    ResponderEliminar
  3. Quedouche precioso!!! gústame para miiin :), a tea de peixiños é unha chulada. Moito ánimo para os próximos modelitos que seguro que terán éxito!

    ResponderEliminar
  4. que chula!!!!!! te ha quedado muy bonita y esa tela de peces me requetencantaaaaaaa!!

    ResponderEliminar

E ti que dis?