A que vos amoso hoxe foi en realidade a segunda, e aínda que debería ter saído mellor por selo, pois o certo é que non: quedou bastante grande. Sempre peco de agrandar as cousas porque penso que é mellor que lles sirvan nun tempo a que queden pequenas, pero logo ó velas o que me gusta é que sexan da talla xusta. O problema con esta foi que o Moucho foi facer uns recados e levou con el ós pequenos, así que tiña un par de horas para cortar e coser, pero non tiña á modelo na casa e fixen a adaptación do patrón a ollo. Por riba usei un patrón distinto da primeira, porque non había a súa talla. Utilicei o patrón 30 da Ottobre 1/2014 no talle 122.
Cando lle fixen a primeira proba, aínda sen os puños, pareceume que lle ía quedar curta nas mangas, así que engadín esa tira verde antes dos puños: agora élle longa e o problema é que non lle é moi ancha, así que non creo que chegue a quedarlle ben de longo e nas mangas e que aínda lle sexa cómoda no torso. Pero (polo menos de momento) semella que lle gusta.

A tea de peixes é unha sudadeira non perchada pero moi gordocha que atopei de milagre un día na tenda de teas, a sudadeira verde é perchada, e veu xunto cos puños da tenda da Pantigana.
Estas fotos fíxenas a fin de semana pasada. En canto rematei o vestido quixo poñelo e dixo que lle encantaba, pero agora estou un pouco de baixón, porque lembrades os pantalóns de chándal que tamén lle gustaban e quixo estrear no medio do verán? Pois agora seica xa "non lle gustan moito".
Costureiras do mundo: a vós non vos pasan estas cousas? E non vos desaniman?
Estou en stand by, sen saber que roupa necesitan de cara ó frío, que non acaba de chegar, e sen saber que coserlles, igual podía ir polo B. que de momento non escolle a roupa, pero é o que máis roupa ten. Así que seguimos agardando e buscando a inspiración.
pasan, pasan... por aquí ando tamén desanimada coas costuras para os meus pícaros... moitas veces non as queren poñer... qué rabia!! déixasme morta con esa sudadera de peixes...é estupenda! E o falso Lou está xenial!!!!!
ResponderEliminarSí, sí que pasan! Me encanta cómo te ha quedado! Por aquí tengo que coser muuuchas sudaderas, camisetas de manga larga y chandals, que es lo que más gastan cuando no van en uniforme ;)
ResponderEliminarQuedouche precioso!!! gústame para miiin :), a tea de peixiños é unha chulada. Moito ánimo para os próximos modelitos que seguro que terán éxito!
ResponderEliminarque chula!!!!!! te ha quedado muy bonita y esa tela de peces me requetencantaaaaaaa!!
ResponderEliminar