Volveron os madrugóns
As coladas diarias
Os cambios de armario, con roupa empantanada pola casa adiante
As tardes de taxista
E este fervello
Nunca se me quedaran curtas as horas do día coma neste comezo de curso. E aínda quedan por vir as tardes escuras e os días de chuvia interminables con neno de case 3 anos ó que lle encanta pisar as pozas, que fai que se multiplique o número de coladas.
Sobran uns minutiños cada noite ós que chego desexando sentar un ratiño no sofá co Moucho (e co B. que case nunca dorme) e vexetar poñendo o cerebro en branco.
É posible que nalgún momento atope un oco para volver coser... e tamén é posible que non. Teño un montón de prendas acumuladas para amañar (cambiar cremalleiras, coser buratos, subir baixos,...), varios proxectos comezados e a medio facer, e uns cantos encargos, dos da casa e tamén de fora. E sigo sumando cousas que me gustaría facer na miña cabeza, o bo que ten a miña cabeza é que está tan chea de cousas que xa ela soíña vai facendo limpeza :D
En ratiños de cinco minutos na semana pasada conseguín ir xuntando os materiais e logo ir cosendo os encargos das Tartarouchas: uns estoxos triples. Usei o tutorial de Pandielleando, porque se non chego a velo no seu día non sabería nin como eran os estoxos en cuestión.
En canto consiga volver facer algo digno de amosarse intento conseguir tempo tamén para vir por aquí amosárvolo, mentres tanto, vivide!
Oh! que ben lerte, canto tempo :)
ResponderEliminarQue chulos! :)
ResponderEliminarEu ando igual. O principio de curso é un horror...
ResponderEliminarHei ola! non sei como te amañas, eu sen fillos e non dou feito... o teu ten moito mérito!!
ResponderEliminarMoi chulos os estoxos!! Bicos*