
Gústame cando descubro que todos somos friquis, aínda sen querer, seguro que temos algún gusto ou costume que para a maioría da xente é unha rareza, ó final non somos distintos, pero somos diferentes, igual de raros cada un coas súas particularidades.
Logo veu o descubrimento do Camiño a Mordor de Tres Pompones e, pese a reticencia inicial, e o convencemento de que non vou facer semellante cantidade de quilómetros (2863!!!) nun ano, resulta que me apeteceu, e cos días de solete que me pillan agora síntome animada a gastar un pouco de tempo cada día camiñando. Xa o dixen moitas veces, que boto de menos de vivir na cidade ir camiñando facer cousas: a algunha actividade, a mercar, a casa de alguén,... aquí non hai nada que facer andando agás ir pasear, sen outro propósito, pero de momento os días animan, así que vou intentar facer o meu propio reto:
- ver canto tempo me leva camiñar ese porrón de quilómetros,
- dos zumes do desafío orixinal vou pasar olímpicamente,
- e intentar sacar de paseo a cámara grande, porque estes días estiven vendo cousas preciosas e non quero que se queden no camiño.
- ver canto tempo me leva camiñar ese porrón de quilómetros,
- dos zumes do desafío orixinal vou pasar olímpicamente,
- e intentar sacar de paseo a cámara grande, porque estes días estiven vendo cousas preciosas e non quero que se queden no camiño.
O sábado logo da descuberta do desafío, e aproveitando que as nenas marcharon para estar "sen ninguén que nos mande", é dicir, sen nós, fomos camiñando a Bandua Wargames, unha tenda de xogos á que lle tiña ganas dende que a descubrín. Tiña ganas de ir a algunha das súas noites de xogos, pero nunca temos posibilidade de ir, así que este sábado, que había un torneo de Krosmaster e un de Magic, achegámonos coa sorte de que o B. durmiu unha sesta de dúas horas no carriño, e os rapaces deixáronnos xogar unha demo de Krosmaster, e para meternos o vicio no corpo mandáronnos a casa con dous bonequiños... e funcionou!

Gústanos xogar, pero non temos parella de xogos (nin tempo nin oportunidade), nin xogos para dous (adultos) e ós que consigamos acabar unha partida, así que últimamente estamos á busca de xogos ós que poidan xogar as grandes e que non nos aburran ós maiores (aínda que é posible que o B nos boicotée as partidas), ou xogos rápidos para dous. Creo que este que probamos, coas regras máis básicas pode ser bo candidato... e coñecemos algúns máis que imos deixando na recámara para cando merezamos un premio.
E o domingo pasamos a tarde con amigos e cunha partida eterna de Munchkin, e cando estabamos apunto de rendernos e pensar que era un xogo que non tiña fin... rematou!
Sentoume ben facer algo que me gusta con xente que me gusta. E claro, quero repetir canto antes!
Hai cousas que botades de menos por falta de tempo, ou de ocasión, ou de xente? O bo de estrañalas é que fan moita ilusión cando se fan!
Não tenho a menor idea de que são estes jogos !!! Y sim , vivo lembrando de coisas que fazia com gente que não está, um sentimento agridoce , bom recordar e pena não ter as pessoas perto.
ResponderEliminarPois proba os xogos: Colonos de Catán, Aventureros al tren, Carcasone son os máis coñecidos, logo hai moitos moitísimos. Este en concreto dos bonequiños é algo semellante a un xadrez, pero tamén distinto, e hai centos de personaxes (aí é onde poñen o negocio) con distintos tipos de movementos ou ataques, pero hai un xogo de mesa que vale perfectamente para xogar na casa sen necesidade de mercar máis nada.
Eliminar