Páxinas

mércores, 11 de marzo de 2015

Galicia 1936

Atopei esta xoia grazas ó paideleo, e non quería deixar de compartilo. Sae a tasca do liño, e pallozas!


As cousas cambiaron moito, pero a voz en off faime pensar que unha parte non cambiou tanto...

Teño pena por un documental sobre a escola en Galicia ó que non sei dende onde cheguei hai xa moito tempo e que non conseguir volver atopar. Víase a vida dura que levaban os nenos antes. Neste caso a protagonista era unha nena orfa de nai e cun irmán con algunha minusvalía ó que coidaba coma se fose a súa nai, ademáis de encargarse do traballo da casa e os animáis. Ía á escola e lembro que dicía que lle gustaba porque garantía a comida para ela e seu irmán...

E lembro tamén ás mestras dicindo que os nenos tiñan "un grave problema de bilingüismo", do que xa imaxinaredes cal era a parte problemática. Supoño que sería da posguerra pero a verdade é que non o lembro. Fanme pensar na vida que levaban meus avós, que andan algo pachuchos pola idade e ós que quero moito.

A ver se podedes atopalo porque me parecía outra xoia e eu non son quen, e non quería perdelo. Para lembrar o difíciles que eran as vidas dos pequenos non hai moito tempo, todos os dereitos que se foron conseguindo con traballo e loita dos nosos, pouco a pouco e o fácil que parece agora que os perdamos...

................................................................................................

NOTA: Atopado por Mari, moitas grazas! Dos anos setenta e en cor. Aquí vos queda, para compartir :)

7 comentarios:

  1. Atopeino Raquel. Está nun blogue que penso que é o do instituto de Friol, Algo máis que pan e queixo.

    https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=46z5zu8OnSs

    Mari

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oh! Grazas Mari! Era este! Fíxate que eu pensaba que sería da posguerra e que era en branco e negro! Como nos encanta a memoria! Vouno ver enteiro e poñelo xa na entrada :)

      Eliminar
  2. Que tremendas xoias!
    Eu creo que vivín máis ou menos eses anos do segundo vídeo, pero na cidade. Chámame moito a atención ese castelán tan forzado e esforzado que se ven obrigados a falar na escola.
    Bicos e grazas por compartir os vídeos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E o comentario da mestra co problema do bilingúismo, bufff, e que hoxe o bilingúismo estea ben visto... pero en castelán e ingles, iso si... igual non cambiou moito a cousa.

      Eliminar
  3. Eu estiven a buscalo para ti e buscaba por Parga. Sabía que era en Lugo pero teimaba en que era Parga e, está claro, non o atopaba. Foi sorte que o atopase a túa amiga.
    Eu lembro ir ao comedor de pequeno ( anos setenta e muito ) e que as nenas poñían e recollían os pratos e daban de comer aos máis pequenos. Iso hoxe estaría mui mal visto. Tamén lembro rezar e dar grazas a Deus polo pan que iamos comer.
    Eran outros tempos !.
    Vou engadir a ligazón ao meu posteo que ligaches a ver se así non o volvemos perder.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hoxe están moi mal vistas demasiadas cousas, porque non as nenas, con a, senón que @s nen@s máis vellos se encarguen de axudar ós máis pequenos, ou que haxa uns encargados por mesa para recoller ou servir, igual que fariamos na casa paréceme que aprendería @s nen@s responsabilidade, no noso cole non sei fai nada diso e están seica advertidas as coidadoras de que non se lles ocorra, que se hai unha queixa dalgún pai ou nai pódelles caer o pelo por poñer @os nen@s a traballar... ás veces penso que perdemos o norte.
      O de rezar que o faga cada un para si, se ten costume, e ó deus que máis lle apeteza, iso si ;)

      Eliminar
  4. Guau! Vaia documentos!! vounos marcar en favoritos para ver máis adiante*

    ResponderEliminar

E ti que dis?