Páxinas

luns, 12 de xaneiro de 2015

A colcha da L

Por fin vola veño amosar xa rematada! Dous anos a pouquiños e un megaempurrón final para rematala non no seu aniversario, pero si antes de rematar o ano.

Para celebralo sacámola fora e fixémoslle fotos fora da casa, pero deille a cámara á miña axudanta maior e esquecín cambiar o modo de disparo, así que están todas desenfocadas. Aínda así, só polo esforzo que levamos aquí están as fotos.

colcha L

colcha L

colcha L

colcha L

colcha L

Vedes que para a traseira utilicei unha tea enteira que me regalara miña nai cando soubo que estaba a facerlle a colcha á L., é de cor gris e de lonxe non se aprecia pero ten un estampadiño que semella de ovos fritidos coa ema rosa. Pero non me chegaba, así que engadín un par de anacos doutra tea tamén agasallo da avoa Olga, esa rosa cos floripondios, pero que tiña unha kokeshi enorme que non quería que fose na colcha, así que reserveina inicialmente para facer un coxín, pero é posible que a destine á traseira dalgunha manta de bebé. O outro anaco é dunha das famosas teas de Ikea que a verdade é que me gusta moito como queda. Danme ganas de usala tamén coma traseira enteira para outra colcha... sempre coso tanto na miña cabeza...

Para o bies decidinme a usar retallos, así que hai rosa, lila, vermello, raias rosas e brancas e unhas flores que se ven na última foto e que creo que pegan co carácter da miña L.

Na penúltima foto vese o acolchado final, pasando a dianteira xa acolchada e con boata, máis outra capa de boata e a traseira. Tiven algúns contratempos no proceso, por exemplo:

- tiven que librar o cuarto da costura un chisco para poder extendelo no chan, e como alí está a guitarra e máis o ordenador do Moucho, e cada paso do proceso lévame uns cantos días coas interrupcións e demáis, pois tíveno un pouco castigado ó pobre.
Iso si, logo tiven moita axuda, coma sempre.

hilvanando o bocadillo con axuda

- Cando ía colocar os imperdibles decateime de que non os tiña. O ano pasado fixemos unha incursión nunha feira de artesanía cunhas amigas (na que non vendemos nada XD) e no traslado perdín a caixa con TODOS os meus imperdibles. Quen tivo narices a poñerlle imperdibles de nome?
O caso é que tiven que hilvanar á man e case perdo os dedos ata que lembrei o truquiño da culleriña. Como as tres (catro) capas están pegadas ó chan, axuda para sacar a agulla facer presión cunha culleriña xusto por diante de onde sacas a agulla, e en canto sae a punta fas panca con ela para levantar a agulla e collela mellor.

o truco da culleriña

Logo trasladeime ó salón para manexar mellor a tea e xa foi todo coser e cantar ;)

preparado para acolchar

acolchando

Agora queredes ver como queda xa posta no seu sitio?

A habitación onde durmen as nenas foi sempre a habitación azul, pero no verán repintamos (maís ben repintouna o avó Tito cun pouco de axuda dos pequenos) e as Tartarouchas escolleron a cor de cadansúa parede, eu tiña medo do que ía sair daí pero resultou que escolleron un verde e un lila que quedaban moi chulos xuntos.

colcha L

colcha L

Á hora de planchar as costuras, desta vez fíxeno con todas cara un lado e non abertas ó medio como dicía o libro orixinalmente, pero quedan moito máis avultadas ca as da colcha da Z, supoño que en parte por iso e en parte porque a súa boata era sinténtica e ocupaba moito menos. O que sí me dá máis seguridade é que o acolchado non vai só por riba dos fíos, senón que atravesa a tea dos cadrados pola parte de dentro, e co peso que ten paréceme importante.

colcha L

colcha Z

Eu vía xa o cuarto rematado, mercara uns marcos para expoñer os debuxos da L na súa parede e pensaba poñer na da Z algunha lámina chula para acompañar ó seu paxariño, e entón, un par de semanas despois de rematar a colcha a mediana deciciu independizarse. Non foi por nada en especial, pero chegoulle o momento e quixo marchar para un cuarto ela soa, así que agora ando a pensar no momento no que o B. queira saír da nosa cama, se o convenceremos (e a algunha das súas irmás) de compartir cuarto, ou se terei que ir pensando onde vou trasladar todos os meus trebellos e teas que invaden a habitación agora mesmo...

A ver se me dá tempo de vos amosar as melloras que fixemos tamén no cuarto da costura no verán, antes de que teña que abandonalo!


12 comentarios:

  1. És unha tremenda artista tartaruga! canto coidado, canto tempo e canto traballo hai nesta colcha. Imaxinoa como a colcha que duranos e anos e irá pasando de uns a outras :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai, María, ogallá! Sería un bonito futuro, si :)

      Eliminar
  2. Uy, acabo de comentar y no sale mi comentario… a ver si éste sí que sale :-)

    ResponderEliminar
  3. Pues ese sí que ha salido… en fin… sólo te felicitaba por esa colcha tan bonita y por ser tan trabajadora y tener tanta paciencia :-) ¡Ah! y te daba un besico :-*

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Joooo, siempre te pasan cosas con los comentarios en este blog (me tiene un poco hasta los mismísimos, la verdad). Muchas gracias! La colcha es bonita, lo demás aparenta ser más de lo que es (lo de la paciencia y el trabajo) Muas

      Eliminar
  4. Incrivel!!! Incrivelmente bonita!! P r e c i o s a! Quando lia sobre quando o pequeno queira sair do teu quarto já pensava eu que você estaria planejando outra colcha !!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois é posible, aínda que agora xa teño 3 colchas, esas dúas que se asemellan máis unha en tons azuis, brancos e marróns que fixera para a L e que é posible que vaia cos gustos do B algún día, e se non sempre podo facer outra si :)

      Eliminar
  5. Buahhh!, menudo traballazo. Non sabes a envexa que me das (por diversas razóns :) )
    Un bicazo, artista.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ti tamén ma das a min por outras distintas, así que empatamos. Muas

      Eliminar
  6. Qué maravilla de colcha. Estaba desexando vela completa.
    O de acolchar cunha máquina normal unha peza tan grande e con varias capas é un esforzo tremendo. Non che quedan arrugas, a pesar dos imperdibles ou dos hilváns? A min case sempre se me engurruña a tea nalgunhas costuras. Un desastre.

    Parabéns :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Montse, algunha cousa sempre queda, pero non lle dou importancia ningunha, paréceme máis importante todo o demáis ;)
      Además cada vez teño máis claro que me gustan pouco as cousas feitas a man por min se quedan perfetas. Quero dicir, se, como coa do outro día, non se sabe se é feito a man ou mercado, onde está a gracia?
      Moitas grazas!

      Eliminar
  7. OOOh qué pasada de colchas Tartaruga!!! estás conseguindo que me guste o patchwork ;)
    e que dicir dos coxíns felinos!

    ResponderEliminar

E ti que dis?