Cando non tiña fillos adoitaba coidar moito as plantas, tiña moitas e mimábaas... agora sobreviven as máis fortes, supoño que cambiaron as prioridades. E pásame algo que coido que herdei da miña nai, que antes non lograba entender e agora síntoo: cando medran moito agóbianme, non sei que facer con elas, non quero cortalas, penso que as vou estragar, e non quero que sigan medrando e coméndome espacio, así que cando pasa iso acabo regalándoas.
A outra que lle deu por florear foi a unha cinta que trouxo a Z do cole o ano pasado e coa que se desilusionou agardando que botara filliños coo a a que tiñan na clase. E agora non só nos sorprendeu con dous fillos, senón que nos sorprendeu aínda máis coas flores, eu non sabía que as cintas botaban flor!
Aí se quedan unha temporada enfeitando o blogue.
Pois enfeitan moi ben :), feliz primaoutono
ResponderEliminarfeliz primaoutono a ti tamén! :)
EliminarAi, que non entendía o das flores que se quedaban até que saín do Feedly para comentar...
ResponderEliminarEu ando intentando quitarlle unha plaga de mosca branca que me ten as cintas destrozadas.
Eu teño o bloglovin e gústame precisamente porque ves os blogues co seu aspecto normal.
EliminarAs miñas cintas son as que se salvan porque os gatos aínda non descubriron como chegarlles, o resto das plantas están bastante perxudicadas por causa diso e da coidadora...