Páxinas

luns, 8 de setembro de 2014

Coser cousas raras I

Tarde ou cedo acontece. Se sabes usar unha máquina (que non coser) chega un día no que cres que iso podes amañalo cosendo algo. Un día amósovos o primeiro "algo" que cosín para que vos riades un pouco, ademáis parece que foi o precursor da cousa rara de hoxe.

Fixen unha funda para os postes da cama elástica!
XD
Non podo evitalo, semella a versión costura dos tapetes de ganchillo nos repousacabezas do coche, non?

Boh! O caso é que os postes que amarran a rede traen por riba unha especia de escuma como a dos churros que se usan na piscina e logo ían recubertos dunha funda plástica para protexer a escuma da intemperie. Nós temos a cama elástica no interior, así que a función do plástico non era necesaria, pero resultou que ós gatos gústalles a cama elástica case tanto como ós pequenos. O seu divertimento inclúe dar voltas no elástico, durmir á sesta no prtector enriba dos muelles, pero sobre todo gabear polos postes e quedarse alí arriba con cara de tolos dando chimpos.

09072014-IMG_0388

 Como resultado o aspecto dos postes era, como ben dixo unha amiguiña das nenas un día que veu: perfeto para halloween.

09072014-IMG_0390

Entón ocorréuseme facerlles unhas fundas, orixinal, eh? Con teas de mostrarios e usando velcro en tramos duns 7-8 cm (a ollo), resultou funcionar xenial.

09072014-IMG_0393

A vós tamén se vos ocorre coser cousas raras ou son eu soa?

4 comentarios:

  1. A min se me ocurren cousas peores, herdado das ideas "arreglatodo" que herdei de meus pais. Fago cousas como fundas para a sombrilla da praia cunha perneira de pantalón de pana... As túas cousas sempre parecen moi profesionais!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois é xenial usar pana ou vaqueiro porque esas fundas sempre acaban furadas! E parecen profesionais porque só se ven de lonxe ;D

      Eliminar
  2. Jajaja me parto con la foto del tubo destrozado! Y si me ocurren cosas rara???? Jajaja muuchas! Funda de plasico para cepillos de diente! Ya lo he cosido!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non entendo por que se activou a mderación de comentarios, terei que mirar se a quito.
      Funda para cepillos! Ideaza! :D

      Eliminar

E ti que dis?