Páxinas

luns, 2 de xuño de 2014

Con repolo

Preguntei por algunha comida rica con repolo e que non fose cocido.

As opcións foron:
- Con polo, comino e curry.
- Trinxat de col e patacas.
- Con pasta e bacon.
- Cocido en tiras cun sofrito de allo e cebola e con cúrcuma.

 Eu escollín a última opcion, pero en canto puxen o repolo en tiras a cocer vin que aquelo non era abondo para alimentarnos, así que decidín engadirlle a terceira opción e acompañar con pasta, e o do refrito con touciño tampouco pintaba mal, pero eu tiña unhas gambas soíñas no conxelador... e o comino queda ben co cúrcuma e nunca vai mal para aliviar os efectos secundarios das legumes e verduras.

30052014-IMG_9610
30052014-IMG_9613

Así que o resultado foi unha pasta con repolo e gambas.
Sorte que a opción da empanada de hojaldre con masa follada de repolo, tomate e queixo ma acaban de dar agora, porque medo me dá pensar que podía ter acabado metendo a pasta dentro da masa follada.

Por certo, estaba ben rica :)

NOTA: Eu agardaba un repolo como o que eu chamaba repolo, esa bola de verdura branca, pero eran unhas follas longas e verdes e o sabor era diferente, máis tirando a verza... non sei se era repolo doutro tipo ou o mesmo repolo medrado.

3 comentarios:

  1. Que pintaza!!! vou a probalo. masa follada, grazas pola corrección, sabia que hojaldre non era correcto ;)

    ResponderEliminar
  2. Eu fago moito algo parecido, pero con brécol. Verdura + pasta + allo, creo que é unha receita sinxela e infalíbel. Iso.

    + bicos

    ResponderEliminar

E ti que dis?