Páxinas

luns, 19 de maio de 2014

Pantalóns de atletismo

Fixen dous pares de pantalóns de atletismo, cos laterais redondeados e con bies. Son curtiños como lle gusstan á Z. e cómodos aínda que non sexan de punto. Estes foron o segundo par en realidade, fíxenos máis curtos que os primeiros e cun retallo de tea vaqueira que me dera unha amiga da miña avoa. Polo demáis non teñen moita ciencia, bies todo ó redor e a cinturilla sinxela tamén.

pantalóns de atletismo
pantalóns de atletismo 2
pantalóns de atletismo 3

Dos primeiros non hai foto pero está a poñer moito os dous, así que aínda farei algún máis e a ver se consigo facerlles fotos.


E cambiando de tema, estou un pouco frustrada co blogue. Escollín unha plantilla básica para que funcionase ben e resulta que non fai máis ca dar fallos: quitei o borde sombreado ese que traen as fotos por defecto, no ordenador non o vexo, pero na tablet segue a aparecer, na tablet ademáis as fotos non saen centradas, e Aivou di que no seu pequeniño non cabe na pantalla porque é moito máis ancho (e que non ve a letra, fíxena un pelín máis grande ;) ), non podo poñer o código html das fotos directamente no editor, teño que escribilo na pantalla de html... está a resultar desmoralizante e así non dá ganas de facer máis melloras. Non sei onde acabará isto...

4 comentarios:

  1. Xa sabía eu que habías de seguir no mundo dos blogos queo becho cando morde morde ben.
    Sinto non servirche de axuda cos teus problemas coa plantille que eu son un pouco nulo neste asunto ( e muitos máis ).
    Con respecto ao que di o Moucho de ir a chico sae rexistrado no dicionario de dicionarios da lingua galega e pono como variante de ir ó chiculeiro ou sexa que non ha de ser español.
    Un saúdo e que todo vaia ben: na interrede, coa familia e con asuntos téxtiles.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pola visitiña, paideleo. A verdade é que sigo falta de tempo e non parece que este acabe de arrincar, pero tés razón no de que o bicho pica forte, así que seguiremos a ver o que sae.
      Así que podemos dicir ir a chico como a avoa Carme :) Moitas grazas!

      Eliminar
  2. Pero imos ver: en que momento me perdín eu que tiñas blog novo? Mira que te botaba de menos por aquí...!

    + bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bah! Está un pouco en penumbra porque non sei se seuirá adiante ou non, pero de momento está, que xa é algo. Ímonos vendo!

      Eliminar

E ti que dis?